Eleuterio, Exarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eleuterio (morto en 620) foi exarca de Ravenna (615-619). Era un eunuco, sucedeu a Xoán I Lemixio como exarca.

Pronto durante o seu mandato, case todo o exarcado era inestábel. En Ravenna, era patente o descontento cos bizantinos; en Nápoles, un tal Xoán de Compsa, separou a cidade do control do exarca. Eleuterio venceuno, pero os longobardos logo ameazaron coa guerra. Eleuterio pediu a paz, prometendo un tributo anual. Atopando que a situación en Italia era insatisfactoria e, aproveitándose da preocupación do emperador bizantino Heraclio cos sasánidas, Eleuterio proclamouse emperador en 619, coa intención de establecer a súa capital en Roma. De camiño á cidade en 620, mentres seguía decidindo como convencer ao Papa Bonifacio V de que lle concedese a coroa, foi asasinado polos seus soldados, e a súa cabeza foi enviada a Heraclio.

Exarcado de Ravenna

Segue a:
Xoán I Lemixio
Eleuterio, Exarca
Precede a:
Isaac