Elena Novikova-Belova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elena Novikova-Belova (en ruso: Елена Новикова-Белова), nada en Sovetskaya Gavan, (Rusia) o 28 de xullo de 1947, é profesora do departamento de pedagoxía [1] da Universidade Estatal de Cultura Física de Bielorrusia, e tiradora de esgrima bielorrusa, xa retirada, gañadora de seis medallas olímpicas coa Unión Soviética.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residente na capital de Bielorrusia, representou ao Dinamo de Minsk, participou aos 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1968 celebrados en México, gañando a medalla de ouro na proba de florete individual e por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic revalidou a medalla de ouro por equipos, quedando quinta na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal gañou a súa terceira medalla de ouro por equipos e unha de bronce na competición individual. Desde 1979 é profesora universitaria en Minsk. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova gañou unha medalla de prata na proba por equipos ao perder diante o equipo francés, e foi novena na proba individual.

Ao longo da súa carreira gañou doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, oito delas de ouro.

O 17 de maio de 2007 o Comité Olímpico Internacional concedeulle a Medalla Pierre de Coubertin [2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]