Elena Furiase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elena Furiase
Nacemento Elena Furiase Flores
9 de marzo de 1988
Madrid, España España
Profesión Actriz
Ficha na IMDb

Elena Furiase González, nada en Madrid o 9 de marzo de 1988, é unha actriz española, filla de Lolita Flores e Guillermo Furiase.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elena Furiase González naceu o 9 de marzo de 1988, filla da cantante e actriz Lolita Flores e o produtor e empresario arxentino Guillermo Furiase. Pertence a unha das sagas de artistas mais coñecidas en toda España, Los Flores.

É neta da artista Lola Flores, máis coñecida como A Faraona, e Antonio González El Pescaílla. Polo tanto, é sobriña de Antonio Flores e Rosario Flores, e curmá de Alba Flores. Ten un irmán pequeno, Guillermo Furiase.

Traballo[editar | editar a fonte]

Recentemente, Elena traballou en El Internado, a famosa serie de Antena 3 estreada o 24 de maio de 2007. Interpretando o papel de Vicky, polo que gañou o premio á mellor actriz do ano nos Premios Joven 2007. Nela traballaba con Martiño Rivas, Ana de Armas, Yon González, Blanca Suárez, Daniel Retuerta, Luis Merlo, Amparo Baró, Natalia Millán, Marta Torné, Marta Hazas e Carlota García, entre outros. Esta serie finalizou en setembro do 2010.

En setembro de 2008 estreouse no Teatro Amaya (Madrid) a segunda tempada de Olvida los tambores de Ana Diosdado. Na obra, dirixida por Victor Conde, interveñen Elena Furiase (Alicia), Antonio Hortelano (Tony), Gorka Otxoa (Lorenzo), Lidia San José (Pili), Antonio Abella (Nacho) e Leandro Rivera (Pepe). Posteriormente realizaron unha pequena xira por España, visitando Melilla (8 e 9 de novembro), Murcia (22 de novembro), Alacant (2 de decembro) e VValencia (3 ao 7 de decembro).

O 14 de novembro de 2008, estreouse El libro de las aguas, dirixida por Antonio Giménez-Rico. Está baseada no libro do mesmo nome de Alejandro López Andrada, e participaron, ademais de Elena no papel de Amalia, Álex González (Ángel), Jorge Sanz (Venancio), Lolita Flores (Tía Lorenza), Pepe Sancho (Don Lázaro) e Álvaro de Luna (Faustino).

A principios de 2009 participou no videoclip La Lola, de Radio Macandé, xunto aos seus compañeiros Antonio Albella, Leandro Rivera, Eva Almaya e Eduardo Velasco. A canción está dedicada á súa avoa, La Faraona.

En maio de 2009 foi imaxe da marca de calzado CoolWay, desfilando para a marca na presentación da colección Spring Summer 2009.

En agosto de 2009, participa nunha película, do director Jordi Mesa, titulada Bad People compartindo cartel coa actriz española Melanie Olivares, coñecida polo seu papel de Paz na serie Aida, e coa actriz mexicana Ana de la Reguera, coñecida en Estados Unidos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Cómo perderse en el Thyssen o un beso para la bailarina verde (2006)
  • En alta mar (2007)
  • El teatro fantástico de Jacinto Benavente (2008)
  • Olvida los tambores (2010)
  • Crimen perfecto (2011)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]