Elena Ceauşescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elena Ceauşescu.

Elena Ceauşescu, de solteira Elena Petreşcu, nada en Baloteşti o 7 de xaneiro de 1916 e finada en Târgovişche o 25 de decembro de 1989, foi Vice Primeira Ministra de Romanía (1952 - 1989) e dona do presidente romanés Nicolae Ceauşescu.

Índice

[editar] Traxectoria

Nada nunha familia pobre nun pobo preto de Targovişte, trasladouse co seu irmán a Bucarest despois da finalización da escola primaria. En 1937 ingresou ao Partido Comunista (PCR), onde coñecería a Nicolae Ceauşescu en 1939, co que casaría en 1945.

Elena Ceauşescu rematou a carreira de química en 1967. Até a elección de Nicolae como Secretario Xeral do PCR, Elena tivo diversos postos de variable importancia, como secretaria do Ministerio de Asuntos Exteriores. Co ascenso do seu home, Elena comezou a tomar posicións importantes na estrutura estatal e a dirección do PCR. Dende 1979 Elena era a segunda persoa en importancia de Romanía, co título de Vice Primeira Ministra.

Trala Revolución romanesa de 1989, o 25 de decembro de 1989, Elena e mailo seu home foron condenados a morte por un tribunal creado ex profeso nun xuízo sumario sen ningunha garantía xurídica, validez legal nin posibilidade de defenderse das acusacións, baixo os seguintes cargos: xenocidio, dano á economía nacional, enriquecemento inxustificable e uso das Forzas Armadas en accións en contra de civís. Foron executados por fusilamento nun cuartel militar en Târgovişche. Estes sucesos foron transmitidos pola televisión romanesa días despois para acougar á poboación, xa que seguía habendo combates entre os partidarios e opositores a Ceauşescu.

[editar] Curiosidades

  • O novelista romanés Eugen Barbu chamouna poeticamente a "alta dama do país".
  • Elena era coñecida entre os romaneses como a "dama de aceiro do comunismo".
  • En ocasións era alcumada "codoi", referíndose á súa suposta mala pronuncia do composto químico CO2 sendo burlada por moitos, entre eles un oficial durante a súa execución. "Codoi" tamén significa "cola grande" en romanés, de alí o efecto cómico creado pola súa suposta mala pronuncia.
  • Antes da execución, o tribunal que a condenou informoulle que o matrimonio sería fusilado por separado, ao que ela respondeu: "xuntos loitamos, xuntos morreremos!".
  • Por cada bala que recibiu o seu marido Nicolae, Elena recibiu dez (el 11 e ela 110)[1].

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas