Elemento arquitectónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
H.- Construción xónica de madeira. F.- Cadeleitos en rocha. S.- Columna e entaboamento frixio. Tratado xeral de Construción, Karl Esselborn (1929). Debuxos de Josef Durm e outros (1917).

Elemento arquitectónico é cada unha das partes funcionais ou decorativas dunha obra arquitectónica, de xeito que cada un deles funcionaría como unha palabra da linguaxe arquitectónica da que a arquitectura sería a sintaxe.

O obxecto da arquitectura é a creación de espazos arquitectónicos, habitualmente mediante o cubrimento do espazo; os elementos arquitectónicos poden clasificarse pola súa función estrutural en:

Tamén se atopan elementos que cumpren funcións de relación entre espazos arquitectónicos, con espazos urbanos ou coa natureza, como son as escaleiras e todo tipo de pórticos, balcóns, miradoiros, fiestras, portas etc., así como elementos con funcións de compartimentación de espazos, como son os tabiques, os muros non portantes, muros cortina acristalados, celosías, follas de portas, fiestras etc.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas