Elefante sirio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elefante sirio

Mosaico romano dun elefante atacando un león
Estado de conservación

Extinto dende -100[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Xénero: Elephas
Especie: 'Elephas maximus'
Nome trinomial
Elephas maximus asurus
Deraniyagala, 1950

O elefante sirio (Elephas maximus asurus) é un nome proposto para nomear ás poboacións de elefante asiático (Elephas maximus) que vivían máis ó oeste, e que se extinguiu na antigüidade. Restos de esqueletos de E. m. asurus foron atopados en Oriente Medio (Turquía, Iraq e Siria) dun período que data entre hai 3 millóns de anos e -100.

Os antigos artesáns sirios usaron os seus cairos para facer esculturas de marfil. En Siria, a produción de obxectos de marfil acadou o seu apoxeo durante o primeiro milenio a.C, cando os arameos acostumaban decorar o seu mobiliario con incrustacións de marfil. A sobre explotación deste tipo de elefante debeu na súa extinción no -100.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os elefantes sirio foron a subespecie de elefante asiático máis grande que sobreviviu ata tempos históricos, medindo 3,5 de altura ou pode que aínda máis. Os esqueletos atopados revelan que non se diferenciaba moito da subespecie india, agás no seu tamaño.

Controversia[editar | editar a fonte]

Os elefantes sirios son frecuentemente mencionados na historia helenística; os reis Seléucidas que tiñan numerosos elefantes de guerra, reinaron en Siria durante ese período. Crese que estes elefantes eran en realidade indios (E. m. indicus), os cales foran adquiridos polos reis Seléucidas durante a súa expansión. Está rexistrado por fontes antigas como Estrabón[2] e Polibio [3] que os reis Seleuco I Nicátor e Antioco III o Grande tiveron un número importante destes elefantes indios importados. Descoñécese o motivo polo que foron importados dende a India, pero se cadra debeuse á escaseza de elefantes sirios nativos ou ás dificultades de adestramento e domesticación como elefantes de guerra.

O xeneral cartaxinés Aníbal tivo un elefante de guerra coñecido como "Surus" e suxeriuse que ben puidera significar "o sirio". Pero tamén cabe a posibilidade de que se trate un dos elefantes dos Seléucidas. O elefante de guerra cartaxinés máis común era o elefante do norte de África [Loxodonta africana pharaoensis], unha subespecie extinta de elefante africano de sabana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Choudhury, A., Lahiri Choudhury, D.K., Desai, A., Duckworth, J.W., Easa, P.S., Johnsingh, A.J.T., Fernando, P., Hedges, S., Gunawardena, M., Kurt, F., Karanth, U., Lister, A., Menon, V., Riddle, H., Rübel, A. & Wikramanayake, E. (2008). "Elephas maximus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 28 October 2008. 
  2. Strabo 15.2.1(9)
  3. Polybius 11.39

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]