Elefante africano de sabana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Elefante de sabana")
Elefante africano de sabana
African Bush Elephant Mikumi cropped.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Xénero: 'Loxodonta'
Especie: Elefante de sabana
Nome binomial
''Loxodonta africana''
(Blumenbach, 1797)
Distribución do elefante de sabana

Distribución do elefante de sabana

O elefante africano de sabana (Loxodonta africana) é a maior das dúas especies de elefante africano, mentres que a menor é o elefante africano de bosque, tradicionalmente clasificados os dous como unha mesma especie, coñecida simplemente como elefante africano, pero evidencias recentes levaron a clasificalas como diferentes especies, con todo algunhas autoridades científicas consideraron esas evidencias insuficientes[1] ata que un estudo xenético de 2010 confirmou definitivamente a súa división en dúas especies[2].

Os elefantes de sabana son os maiores animais terrestres vivos, chegando o exemplar máis grande aos 3.96 metros de alto[3], sendo a media nos machos de 3.3 metros e de 5.5 toneladas de peso e nas femias de 2.8 metros de alto e 3.7 toneladas de peso. A especie caracterízase pola súa gran cabeza, grandes e apuntadas orellas que lles cobren os ombreiros, longa e musculosa trompa e mandíbula pequena con dous cabeiros ben desenvolvidos, algo maiores nos machos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IUCN African Elephant Specialist Group (AfESG): Statement on the Taxonomy of extant Loxodonta (February, 2006)
  2. ^ Rohland, Nadin; Reich, David; Mallick, Swapan; Meyer, Matthias; Green, Richard E.; Georgiadis, Nicholas J.; Roca, Alfred L.; Hofreiter, Michael (2010). Genomic DNA Sequences from Mastodon and Woolly Mammoth Reveal Deep Speciation of Forest and Savanna Elephants. PLoS Biology 8 (12): p. e1000564. December 2010
  3. Wood, Gerald (1983). The Guinness Book of Animal Facts and Feats. ISBN 978-0-85112-235-9.