Eleccións Xerais 2008 en España
O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M).[1] Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.
Índice |
Características [editar]
En total, concurriron os comicios un total de 92 partidos políticos, sumando un total de 1.130 candidaturas ao Congreso e 1.235 ao Senado, un 30 por ciento máis das listas que se rexistraron para as eleccións xerais españolas de 2004.[2] As xuntas electorais rexeitaron un total de 40 candidaturas, entre as que destacan as listas de Acción Nacionalista Vasca e as da coalición Centro Democrático y Social-Unión Centrista Liberal, as dúas únicas formacións nas que foron anuladas todas as súas candidaturas.[3]
Os resultados das eleccións xerais deron como vencedor ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) que obtivo 169 escanos ao Congreso dos Deputados (5 máis cá no 2004) e un 43,87% de votos fronte ao Partido Popular (PP) que obtivo 154 deputados (6 máis cá no 2004) e un 39,94% de votos. Convergencia i Unió (CiU) logrou os mesmos deputados que en 2004, 10 en total. Izquierda Unida (IU) perdeu o grupo propio no Congreso dos Deputados ao conseguir soamente 2 escanos o que o deixa no grupo mixto. Por outra parte o Partido Nacionalista Vasco (PNV) perde un escano, pasando de 7 a 6 diputados, ao igual que Coalición Canaria (CC), que pasa de 3 a 2 deputados. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Nafarroa Bai (Na-Bai) mantiveron os seus escanos, mentres que Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) perdeu 5 deputados. Unión Progreso y Democracia (UPyD) conseguiu un deputado en Madrid, polo que Rosa Díez entra no Congreso. Así mesmo Eusko Alkartasuna (EA), Chunta Aragonesista (CHA) e Nueva Canarias (NC) perderon a súa representación parlamentaria.
No Senado o PSOE obtivo 89 postos, oito máis cá no 2004, mentres que o Partido Popular perdeu un para quedarse en 101.[4] A Entesa Catalana de Progrés, que abrangue PSC, ERC, ICV e EUiA obtivo 12 senadores.
Nas eleccións ao Parlamento de Andalucía venceu o PSOE que obtivo 56 escaños, cinco menos que en 2004 pero que lle permiten gobernar con maioría absoluta. O Partido Popular obtivo 47 escaños, dez máis que en 2004, Izquierda Unida mantívose con 6 escanos e a Coalición Andalucista perdeu os cinco escanos que obtivera en 2004.[5]
Convocatoria electoral [editar]
O 14 de febreiro o goberno aprobou o decreto de disolución das Cortes Xerais e de convocatoria das eleccións, que se celebrarán o domingo 9 de marzo de 2008 (xa fora avanzado, de forma oficiosa, por diversos medios de comunicación[6] e confirmado posteriormente polo presidente do goberno[7]. As Cortes disolveranse o 14 de xaneiro, a campaña electoral comezará o 22 de febreiro e concluirá o 7 de marzo. O día coincidirá coas eleccións ao parlamento andaluz e esgota a lexislatura ao máximo (as anteriores eleccións celebráranse o 14 de marzo de 2004).
Resultados das eleccións de 2004 [editar]
Os resultados das últimas eleccións ás Cortes (14 de marzo de 2004) foron os seguintes:
|
← Eleccións Xerais 14 de marzo de 2004 → |
|||||
| Partido | Votos | % | Dif. | Escaños | Dif. |
| Partido Socialista (PSOE) | 11.026.163 | 42,59 | +8,43 | 164 | +39 |
| Partido Popular (PP) | 9.763.144 | 37,71 | -6,81 | 148 | -35 |
| Convergència i Unió (CiU) | 835.471 | 3,23 | -0,94 | 10 | -5 |
| Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | 652.196 | 2,52 | +1,68 | 8 | +7 |
| Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | 420.980 | 1,63 | +0,10 | 7 | = |
| Izquierda Unida (IU) | 1.284.081 | 4,96 | -1,00 | 5 | -4 |
| Coalición Canaria (CC) | 235.221 | 0,91 | -0,16 | 3 | -1 |
| Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 208.688 | 0,81 | -0,51 | 2 | -1 |
| Chunta Aragonesista (CHA) | 94.252 | 0,36 | +0,03 | 1 | = |
| Eusko Alkartasuna (EA) | 80.905 | 0,31 | -0,12 | 1 | = |
| Nafarroa Bai (Na-Bai) | 61.045 | 0,24 | n/a | 1 | +1 |
Precampaña electoral e preparación das candidaturas [editar]
Partido Socialista Obrero Español [editar]
O PSOE afronta as eleccións liderado por José Luis Rodríguez Zapatero, que foi proclamado como candidato á presidencia do Goberno o 25 de novembro de 2007[8]. Ningún outro membro do partido anunciou a súa intención de presentarse como candidato.
Candidatos en Galicia [editar]
As listas do PSdeG-PSOE ás eleccións de marzo de 2008 estarán encabezadas[9] por:
- César Antonio Molina (provincia da Coruña)
- Elena Espinosa (provincia de Ourense)
- Antón Louro (provincia de Pontevedra)
- Xosé Blanco (provincia de Lugo)
Outros candidatos do PSOE [editar]
A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o 20 de outubro de 2007 nun acto público no Palacio de Congresos de Valencia que se presentaría como cabeza de lista pola circunscrición de Valencia[10]. O vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes, que xa sobrepasou a idade de xubilación, confirmou nunhas declaracións que Zapatero lle ofrecera seguir como ministro de Economía, e que aínda non tomara unha decisión ao respecto.[11] Finalmente, o 16 de novembro, Solbes aceptou continuar no Goberno, polo menos até mediados da Lexislatura.[12]
O presidente do Congreso, Manuel Marín, anunciou o 15 de novembro de 2007 que deixaría a política ao final da lexislatura para dedicarse á loita contra o cambio climático nas universidades.[13]. Meses antes filtrárase que Zapatero lle propuxera ao ex ministro de Defensa, José Bono, que volvese á política como cabeza de lista pola circunscrición de Toledo, co fin de ocupar a presidencia da Cámara Baixa en substitución de Marín[14].
Programa electoral [editar]
O coordinador do programa electoral do PSOE é o ministro de Traballo, Jesús Caldera. O partido iniciou a súa precampaña o 18 de outubro de 2007, e empregou a frase "Con Z de Zapatero" como lema pre-electoral. A presentación desta campaña realizouse mediante un vídeo [15] onde o presidente xogaba coa súa forma de falar (pronunciación do "d" ao final de palabra como "z") e presentaba as accións do Goberno durante a lexislatura.
Para a elaboración do programa electoral, o PSOE contou co asesoramento dun panel de intectuais formado por 14 persoas: o Nobel de Economía Josep Stiglitz; as Nobel da Paz Wangari Maathai e Helen Caldiccot, os expertos en economía Nicholas Stern, Jeremy Rifkin, André Sapir, Torben Iversen e María João Rodrigues; os expertos en ciencias políticas Philip Pettit, Wolfgang Merkel e Guillermo O'Donell; e inteletuais noutros ámbitos, como a socióloga Marie Duru-Bellat, o filósofo George Lakoff e a escritora Barbara Probst Solomon[16].
Partido Popular [editar]
Candidato [editar]
Mariano Rajoy, que liderou o PP durante toda a lexislatura, foi designado candidato oficial ás eleccións nunha xunta directiva que o seu partido levou a cabo o 10 de setembro de 2007 [17]. A proclamación da súa candidatura tivo lugar o 27 de outubro en Valencia.[18]. Ningún outro membro do PP anunciou a súa intención de presentarse como candidato.
Candidatos por Galicia [editar]
Os candidatos do Partido Popular polas circunscricións galegas aínda non foron elixidos oficialmente, pero os seus nomes serán segundo algunhas fontes[19]:
- Antonio Erias Rey (provincia da Coruña)
- Joaquín García Díez (provincia de Lugo)
- Celso Delgado Arce (provincia de Ourense)
- Ana Pastor (provincia de Pontevedra)
Outros candidatos do PP [editar]
O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, manifestou en repetidas ocasións durante o verán de 2007 o seu interés por ir nas listas do PP para conseguir un escano no Congreso dos Deputados.[20]. Finalmente, Gallardón foi excluído das listas[21], o que motivou a súa decisión de abandonar a política despois dos comicios de marzo[22].
Programa electoral [editar]
O coordinador do programa electoral do PP foi o ex ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Juan Costa. O acto central de inicio de precampaña tivo lugar durante o terceiro fin de semana de novembro de 2007, coa celebración dunha conferencia política na que o PP espuxo as súas liñas xerais do seu programa electoral. O feito de que ese acto fose unha conferencia e non unha convención (de ser unha convención tería que ser inaugurada polos presidentes de honra do partido Manuel Fraga e José María Aznar) foi interpretado por algúns medios como unha estratexia para non restarlle portagonismo ao candidato.[23].
Izquierda Unida [editar]
Gaspar Llamazares foi designado candidato por Izquierda Unida ás eleccións xerais do 2008, tras vencer nas primarias do seu partido co 62,5% dos votos. A outra candidata, Marga Sanz, obtivo o 37,5%. O Consello Político Federal IU ratificou a candidatura de Llamazares.
Bloque Nacionalista Galego [editar]
O 23 de outubro de 2007 a Executiva Nacional do BNG propuxo os candidatos a encabezar as listas electorais nas catro circunscricións galegas:
- Francisco Jorquera (A Coruña)
- Paz Abraira (Lugo)
- Iago Tabarés (Ourense)
- Olaia Fernández Dávila (Pontevedra)
Esta decisión foi aprobada polo Consello Nacional o 9 de novembro[24]. O seu primeiro lema de precampaña foi Máis forza en Madrid![25] e o segundo Contigo Galiza decide.
Candidatos [editar]
Candidatos á presidente do Goberno de España:
- Partido Socialista Obrero Español: José Luis Rodríguez Zapatero
- Partido Popular: Mariano Rajoy
- Esquerda Unida: Gaspar Llamazares
- Unión, Progreso y Democracia: Rosa Díez
Outras formacións non presentan candidatos a presidente; estes son os candidatos polas provincias máis importantes ou que tradicionalmente ocuparon o posto de voceiros.
- Convergència i Unió: Josep Antoni Duran i Lleida (Barcelona)
- Esquerra Republicana de Catalunya: Joan Ridao i Martín (Barcelona)
- Partido Nacionalista Vasco: Josu Erkoreka (Biscaia)
- Bloque Nacionalista Galego: Francisco Jorquera (A Coruña)
- Coalición Canaria: Ana Oramas (Tenerife)
- Eusko Alkartasuna: Nekane Alzelai (Guipúscoa)
- Nafarroa Bai: Uxue Barkos
- Coalición Andalucista: Pilar González Modino (Sevilla)
- Chunta Aragonesista: Bizén Fuster (Zaragoza)
- Unitat per les Illes: Pere Sampol (Illas Baleares)
- Bloc-Iniciativa-Verds: Isaura Navarro (Valencia)
Tamén presentaran candidaturas outras formacións, entre elas Acción Nacionalista Vasca, que foi anulada polo Tribunal Supremo[26].
Campaña electoral [editar]
A campaña electoral comezou o 21 de febreiro de 2008 e estendeuse ata o 7 de marzo, cando foi suspendida anticipadamente unhas dez horas antes do seu remate, por todos os partidos políticos agás CIU[27] por mor dun atentado de ETA. Nel foi asasinado Isaías Carrasco Miguel, un ex-concelleiro do PSE, despois de ser tiroteado ás portas da súa casa, na localidade guipuscoana de Arrasate-Mondragón[28].
Durante a campaña celebráronse dous debates electorais entre os líderes do Partido Socialista e do Partido Popular, que foron televisados e que tiveron unha grande audiencia[29]. Ademais, as tres principais forzas políticas galegas celebraron tamén un debate televisado pola TVG[30], onde interviñeron os líderes dos partidos Alberte Núñez Feijoo (PPdeG), Emilio Pérez Touriño (PSdeG e Anxo Quintana (BNG).
Resultados [editar]
Os resultados ao Congreso dos Deputados foron os seguintes, segundo datos do Ministerio do Interior [1]:
|
← Eleccións Xerais 9 de marzo de 2008 → |
|||||
| Partido | Votos | % | Dif. | Escaños | Dif. |
| Partido Socialista (PSOE) | 11.289.335 | 43,87 | 169 | ||
| Partido Popular (PP) | 10.278.010 | 39,94 | 154 | ||
| Convergència i Unió (CiU) | 779.425 | 3,03 | 10 | ||
| Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | 306.128 | 1,19 | 6 | ||
| Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | 298.139 | 1,16 | 3 | ||
| Izquierda Unida (IU) | 969.946 | 3,77 | 2 | ||
| Coalición Canaria (CC) | 174.629 | 0,69 | 2 | ||
| Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 212.543 | 0,83 | 2 | ||
| Eusko Alkartasuna (EA) | |||||
| Nafarroa Bai (Na-Bai) | |||||
| Chunta Aragonesista (CHA) | |||||
| Coalición Andalucista (CA) | |||||
| Unitat per les Illes (UxI) | |||||
| Bloc-Iniciativa-Verds (BIV) | |||||
Notas [editar]
- ↑ Zapatero confirma que las elecciones generales se celebrarán el 9 de marzo, en (elpaís.com)
- ↑ «9-M.- Un total de 92 partidos optan a los 350 escaños del Congreso y 89 compiten por 208 actas en el Senado», Europa Press, 12 de febrero de 2008.
- ↑ «Las Juntas Electorales rechazan 40 candidaturas, entre ellas las ocho de ANV», en Público, 12 de febrero de 2008.
- ↑ Zapatero podrá gobernar más cómodo, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
- ↑ Chaves 'tripite' mayoría absoluta, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
- ↑ El PSOE se prepara para la celebración de las elecciones generales el 9 de marzo Ya.com. 29 de xullo de 2007
- ↑ As eleccións xerais celebraranse o vindeiro 9 de marzo, GZNación, 20/12/07
- ↑ Avanzar se escribe con «z» de Zapatero, Diario de León, 6 de decembro de 2007.
- ↑ Blanco, Espinosa, Molina e Louro, as cabezas do PSOE para as xerais, Vieiros, 22/10/2007
- ↑ Fernández De la Vega será cabeza de lista del PSOE por Valencia en las próximas elecciones, El Mundo, 20/10/2007
- ↑ Solbes confirma que Zapatero le ha ofrecido seguir como ministro de Economía y que lo está pensando, El País, 18/10/2007
- ↑ Solbes acepta la oferta de Zapatero de seguir en el Ejecutivo, El País, 19/11/2007
- ↑ El presidente del Congreso deja la política y se dedicará a investigar sobre el cambio climático, El Mundo, 16/11/2007
- ↑ Zapatero ofrece a Bono liderar la lista socialista por Toledo y presidir el Congreso, El Mundo, 9/07/2007
- ↑ Vídeo 'Con Z de Zapatero', Youtube
- ↑ El PSOE atrae a tres premios Nobel al equipo de su programa electoral, El País
- ↑ Rajoy, candidato do PP á Presidencia nas eleccións de marzo, Axencia France Press, 10 de setembro de 2007
- ↑ Rajoy: "Soy el candidato del mejor partido de Europa", El País, 27/10/2007
- ↑ 9-M. - Ana Pastor e Antonio Erias perfílanse como cabezas de lista do PP por Pontevedra e A Coruña, respectivamente, Europa Press
- ↑ Gallardón reafirma su deseo de ser diputado, 20minutos, 20/8/07
- ↑ Rajoy comunica a Aguirre y Gallardón que no irán en listas del PP por Madrid, El Correo Gallego, 15.01.08
- ↑ Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política, El País, 16.01.08
- ↑ El PP limita el alcance de un acto y evita que hable Aznar, El País, 15/11/2007
- ↑ El Bloque renueva a tres de sus cabezas de lista para las generales, El Correo Gallego, 10 de novembro de 2007.
- ↑ O BNG aproveita o seu tirón para tentar ter máis forza no Congreso, Xornal.com, 6 de decembro de 2007
- ↑ Los candidatos de ANV llaman a la abstención en las próximas elecciones, Deia, 21.02.08
- ↑ CIU transforma o seu mitin final de Barcelona nun acto de condena
- ↑ ETA mata ao dirixente socialista Isaías Carrasco Miguel con varios tiros na caluga en Mondragón
- ↑ La audiencia de los debates entre Zapatero y Rajoy, Igooh, 4.3.08
- ↑ A audiencia preferiu o debate ao fútbol, Vieiros, 28.02.08
