Eleccións xerais de Tailandia de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións xerais de Tailandia de 2011Eleccións xerais de Tailandia de 2011
Data3 de xullo de 2011 Editar o valor em Wikidata
TipoThai general election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoPrimeiro ministro de Tailandia
member of the National Legislative Assembly of Thailand (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Yingluck ShinawatraElixido/a
0
 
 ← 2007 (en) Traducir Editar o valor em WikidataTailandia Editar o valor em Wikidata 2014 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  → 
Partidos maioritarios por rexión: – Pheu Thai – Demócrata – BhumjaiThai – Chartthai – Palung Chon – sen maioría

As eleccións xerais de Tailandia de 2011 aconteceron o 3 de xullo, onde se escolleron 500 deputados da Cámara de Representantes, 375 deles por maioría nos distritos electorais e 125 de forma proporcional nunha única lista de ámbito nacional. A vitoria foi para o Puea Thai, liderado por Yingluck Shinawatra, con 265 escanos (maioría absoluta) na Cámara de Representantes, fronte a 159 escanos obtidos polos demócratas de Abhisit Vejjajiva, con 159 escanos.[1]

Contexto e antecedentes[editar | editar a fonte]

Os dous partidos que partían como favoritos eran o Partido Demócrata, do até entón primeiro ministro, Abhisit Vejjajiva, e o Puea Thai, de recente formación pero herdeiro dos ilegalizados Partido do Poder do Pobo e Thai Rak Thai, liderado por Yingluck Shinawatra, irmá do exprimeiro ministro Thaksin Shinawatra, que se encontraba no exilio desde que o seu goberno fora derrocado polo golpe de Estado de 2006. Nas anteriores eleccións xerais celebradas en 2007, Samak Sundaravej, do Partido do Poder do Pobo, obtivera a maioría relativa con 233 escanos fronte a Vejjajiva, quen obtivo 165 escanos. Durante a crise de 2008 e 2009, o movemento da Alianza do Pobo para a Democracia, coñecidos como os Camisas Amarelas, conseguiron derrocar a Sundaravej e ao seu sucesor, Somchai Wongsawat, tras un pulso político durante dous anos nos que cuestionaou a nova constitución aprobada en referendo en 2007. Vejjajiva chegou ao poder ao ilegalizarse o partido do goberno e depoñer o primeiro ministro, mais cunha nova crise que durou até finais de 2010 na que os Camisas Vermellas, integrados na Fronte Unido Nacional pola Democracia contra a Ditadura e partidarios dos primeiros ministros depostos, mantiveron fortes protestas pola implicación dos membros do Partido Demócrata e do propio primeiro ministro no golpe de Estado de 2006. A crise agravouse en marzo de 2010, cando se produciu a toma da capital, Bangkok, polos Camisas Vermellas até que dous meses máis tarde, en maio, o exército asaltou os campamentos dos Camisas Vermellas, falecendo 85 persoas.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Os resultados electorais déronlle a vitoria ao Puea Thai, coa súa líder, Yingluck Shinawatra, ao obter 265 escanos (maioría absoluta) na Cámara de Representantes, fronte a 159 escanos obtidos polos demócratas de Abhisit Vejjajiva. Vejjajiva recoñeceu na noite electoral a derrota e anunciou a súa dimisión como líder do seu partido, felicitando ao Puea Thai "pola oportunidade que ten de liderar o próximo goberno e deséxolle a Yingluck Shinawatra todo o éxito como a primeira muller en ser primeira ministra de Tailandia". O exiliado Thaksin Shinawatra anunciou que buscarían acordos cos outros partidos a pesar da maioría absoluta.[1][2]

Resultados provisionais
(ás 16:00 horas UTC do 7 de xullo de 2011)
Formación Por distrito electoral Por elección proporcional TOTAL
Votos % Escanos Votos % Escanos
Puea Thai 204 15 744 190 48,41 61 265
Partido Demócrata de Tailandia 115 11 433 762 35,15 44 159
Bhum Jai Thai 29 1 281 577 3,94 5 34
Chart Thai Pattana 15 908.656 2,79 4 19
Palung Chon 6 178.110 0,55 1 7
Chart Pattana Puea Pandin 5 494.894 1,52 2 7
Rak Thailand 0 998.603 3,07 4 4
Matubhum 1 251.702 0,77 1 2
Rak Santi 0 284.132 0,87 1 1
Mahachon 0 133.772 0,41 1 1
Nova Democracia 0 125.784 0,39 1 1
Outros 0 692.322 2,13 0 0
Votos válidos
375
32 525 504
125
500
Votos en branco 1 419 088* 4,03%   958.052 2,72%
Votos nulos 2 039 694* 5,79% 1 726 051 4,90%
Abstención
Total votantes
Referencias: The Bangkok Post / Membros electos da Cámara de Representantes B.E.2554.


* Como os distritos electorais elixen entre un e tres deputados, algúns teñen dous ou tres votos.

Comisión Electoral[editar | editar a fonte]

Tras as eleccións, a Comisión Electoral tiña que recoñecer os resultados, proclamando aos candidatos dentro dos trinta días seguintes ao día das eleccións. A Comisión Electoral reuniuse o 12 de xullo e nomeou a trescentos cincuenta e oito deputados, pero sen incluír a Yingluck Shinawatra e Abhisit Vejjajiva, entre outros. O 20 de xulio recoñecía a todos os elixidos que faltaban.[3][4]

Reaccións[editar | editar a fonte]

O exército, a través do seu antigo xefe do Alto Mando, Prawit Wongsuwan, anunciou o 4 de xullo que aceptaba a vitoria da oposición nas eleccións.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 General Election 2011 Arquivado 12 de xullo de 2011 en Archive-It, Tha Bangkok Post, 4 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
  2. El partido del exiliado Shinawatra obtiene la mayoría en las elecciones tailandesas, RTVE, 4 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
  3. Untersuchung gegen Wahlsiegerin eingeleitet, ORF, 13 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
  4. Weg frei für erste Regierungschefin, ORF, 19 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
  5. El Ejército tailandés acepta la victoria de la oposición en las generales, Europa Press, 4 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.