Eleccións lexislativas de Palestina de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 25 de xaneiro de 2006, celebráronse as eleccións para o Consello Lexislativo Palestino (CLP), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina (ANP). Esta foi a primeira elección para o CLP dende 1996; ás eleccións anteriores atrasáranse en varias ocasións debido ao conflito árabe-israelí. Puideron votar os habitantes da Franxa de Gaza e Cisxordania, incluíndo Xerusalén Leste.

Os resultados finais mostraron a vitoria de Hamás, con 74 escanos, contra os 45 de Fatah, o que lle deu a Hamás unha maioría absoluta, 75 de 132 deputados, permitíndolle formar un goberno sen ter que chegar a alianzas.

Das listas electorais, Hamás recibiu o 44,45 % e Fatah o 41,43 %[1] e nos Distritos electorais, Hamás recibiu o 41,73 % contra o 36,96 %.[1]

O Primeiro Ministro, Ahmed Qurei, matívose no poder como interino, pola petición do presidente Mahmoud Abbas, ata o 19 de febreiro, cando o líder de Hamás Ismail Haniya formou un novo goberno.

En resposta á vitoria de Hamás e ao conseguinte conflito con Fatah, o Cuarteto, un importante apoio financeiro da ANP, conxelou os fondos desta tralas eleccións, ademais Israel retivo os ingresos fiscais recadados no nome da Autoridade Nacional Palestina, o que fixo que se desplomase a economía.

Resultados[editar | editar a fonte]

A Comisión Electoral Central deu a coñecer os resultados o 29 de xaneiro, anunciando que Hamás conseguira 75 escanos e Fatah 45.[2] Segundo os resultados, Hamás gañou a maioría dos escanos da circunscrición, pero conseguiu unha menor marxe nas listas electorais.

A participación foi do 74,6 % – 76 % na Franxa de Gaza e do 73.1 % en Cisxordania.[3]

Estimacións preelectorais[editar | editar a fonte]

O Centro Palestino de Investigación entrevistou 1.316 persoas adultas en Cisxordania e na Franxa de Gaza a comezos de decembro de 2005, para coñecer a súa intención de voto, cos seguintes resultados:[4]

  • Fatah: 50 %
  • Hamás: 32 %
  • Outros: 9 %
  • Indecisos: 9 %

Unha segunda enquita do PCPSR entre o 29 e o 31 de decembro feita a 4.560 votantes potenciais deu este resultado:[5]

  • Fatah: 43 %
  • (Hamás): 25 %
  • Palestina Independente: 5 %
  • Martyr Abu Ali Mustafa: 3 %
  • A Alternativa: 2 %
  • A terceira Vía: 2 %
  • Indecisos: 19 %

Non hai outros partidos que superen o 2 %.

Unha sondaxe de opinión pública, realizada entre o 5 e o 6 de xaneiro, a 1.360 persoas, mostrou un descenso de Fatah:[6]

  • Fatah 39,3 %
  • Hamás: 31,.3 %
  • Palestina Independente: 10,4 %
  • Martyr Abu Ali Mustafa: 6,8 %
  • A Terceira Vía: 5,5 %

Non hai outros partidos que superen o 2 %.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2008. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2009. Consultado o 04 de abril de 2009. 
  3. "Palestinian Central Election Commission website". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2009. 
  4. "Survey Research Unit". Pcpsr.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2011-05-23. 
  5. "Survey Research Unit". Pcpsr.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2011-05-23. 
  6. "An-Najah National University" (PDF). Consultado o 2011-05-23.