Eleccións á Asemblea portuguesa, 2009
As Eleccións á Asemblea da República portuguesa de 2009 celebráronse o 27 de setembro[1]. A data anunciouna o presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, o 27 de xullo de 2009[2]. A estas eleccións presentáronse un total de quince partidos políticos para renovar os 230 deputados da Asemblea da República. Foi a duodécima elección lexislativa de Portugal desde a aprobación da Constitución en 1976, e o seu resultado deu lugar ao XVIII Goberno Constitucional de Portugal.
Índice |
Sistema electoral e divisións [editar]
Os 230 deputados e deputadas da Asemblea da República portuguesa escóllense en listas pechadas repartidas en dezaoito distritos, máis catro circunscricións a maiores, dúas correspondentes ás illas de Azores e Madeira e dúas aos emigrantes en Europa e América, e repártense segundo a Lei D'Hondt.
|
Eleccións portuguesas |
||||||
| Distritos | Deputados | |||||
| Distrito de Aveiro | 16 | |||||
| Azores | 5 | |||||
| Distrito de Beja | 3 | |||||
| Distrito de Braga | 19 | |||||
| Distrito de Bragança | 3 | |||||
| Distrito de Castelo Branco | 4 | |||||
| Distrito de Coímbra | 10 | |||||
| Distrito de Évora | 3 | |||||
| Distrito de Faro | 8 | |||||
| Distrito da Guarda | 4 | |||||
| Distrito de Leiría | 10 | |||||
| Distrito de Lisboa | 47 | |||||
| Madeira | 6 | |||||
| Distrito de Portalegre | 2 | |||||
| Distrito do Porto | 39 | |||||
| Distrito de Santarém | 10 | |||||
| Distrito de Setúbal | 17 | |||||
| Distrito de Viana do Castelo | 6 | |||||
| Distrito de Vila Real | 5 | |||||
| Distrito de Viseu | 9 | |||||
| Circunscrición de Europa | 2 | |||||
| Circunscrición do resto do mundo | 2 | |||||
Campaña electoral e sondaxes [editar]
A campaña electoral tivo lugar entre o 12 e o 25 de setembro[3]. O tema principal de campaña foi a economía, aínda que tamén xurdiron temas relacionados co gasto en infraestruturas, a relación con España ou o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. A loita soterrada entre partidos tamén tivo o seu oco nesta campaña ao utilizarse por parte dos dous principais partidos temas de suposta corrupción e escoitas ilegais.
As enquisas concedéronlle sempre unha maioría simple ao Partido Socialista (entre o 40%[4] e o 33%[5]), mentres que o Partido Socialdemócrata (centro-dereita) estivo xeralmente situado en segunda posición, con porcentaxes entre o 26%[6] e o 35%[7].
Candidatos [editar]
Presentáronse quince partidos ás lexislativas portuguesas de 2009[8], que se listan a continuación, cos candidatos ao posto de primeiro ministro de Portugal, ou ben cos candidatos a escano pola circunscrición de Lisboa:
- Partido Socialista (PS) - José Sócrates.
- Partido Socialdemócrata (PPD/PSD) - Manuela Ferreira Leite.
- Bloco de Esquerda (BE) - Francisco Louçã.
- Coalición Democrática Unitaria (CDU) - Jerónimo de Sousa.
- Centro Democrático Social - Partido Popular (CDS/PP) - Paulo Portas.
- FEH - Frente Ecologia e Humanismo (MPT-P.H.) - Pedro Quartim.
- Movemento Esperança Portugal - Rui Marques.
- Movemento Mérito e Sociedade (MMS) - Eduardo Baptista Macdonald Correia.
- Nova Democracia (NPD) - Manuel António de Almeida Brás.
- Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado (PCTP/MRPP) - António Garcia Pereira.
- Partido Nacional Renovador (PNR) - José Pinto Coelho.
- Partido Obreiro de Unidade Socialista (POUS) - Carmelinda Pereira.
- Partido Popular Monárquico (PPM) - Nuno da Câmara Pereira.
- Partido Laborista Portugués (PTP) - Lusa Amândio Madaleno.
- Portugal pro Vida (PPV) - Luís Botelho Ribeiro.
Resultados [editar]
Os resultados són definitivos[9].
|
Eleccións á Asemblea portuguesa, 2009 |
||||||||
| Partido | Votos 2009 | % | Escanos | Votos 2005 | % | Escanos | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partido Socialista | 2.077.238 | 36,56 | 97 | 2.588.312 | 45,03 | 121 | ||
| Partido Socialdemócrata | 1.653.665 | 29,11 | 81 | 1.653.425 | 28,77 | 75 | ||
| Centro Democrático Social - Partido Popular | 592.778 | 10,43 | 21 | 416.415 | 7,24 | 12 | ||
| Bloco de Esquerda | 557.306 | 9,81 | 16 | 364.971 | 6,35 | 8 | ||
| Coalición Democrática Unitaria | 446.279 | 7,86 | 15 | 433.369 | 7,54 | 14 | ||
| PCTP/MRPP | 52.761 | 0,93 | 0 | 48.186 | 0,84 | 0 | ||
| Movemento Esperança Portugal | 25.949 | 0,46 | 0 | - | - | - | ||
| Nova Democracia | 21.876 | 0,38 | 0 | 40.358 | 0,70 | 0 | ||
| Movemento Mérito e Sociedade | 16.924 | 0,30 | 0 | - | - | - | ||
| Partido Popular Monárquico | 15.262 | 0,27 | 0 | - | - | - | ||
| FEH - Frente Ecologia e Humanismo | 12.405 | 0,22 | 0 | 17.056 | 0,30 | 0 | ||
| Partido Nacional Renovador | 11.503 | 0,20 | 0 | 9.374 | 0,16 | 0 | ||
| Portugal pro Vida | 8.461 | 0,15 | 0 | - | - | - | ||
| Partido Laborista Portugués | 4.974 | 0,09 | 0 | - | - | - | ||
| Partido Obreiro de Unidade Socialista | 4.632 | 0,08 | 0 | 5.535 | 0,10 | 0 | ||
| Movemento o Partido da Terra | 3.265 | 0,06 | 0 | - | - | - | ||
| - | Votos 2009 | % | Votos 2005 | % |
|---|---|---|---|---|
| Votos en branco | 99.078 | 1,74 | 103.537 | 1,80 |
| Votos nulos | 76.894 | 1,35 | 65.515 | 1,14 |
| Participación | 5.681.258 | 59,68 | 5.747.834 | 64,26 |
Resultados por distritos [editar]
|
Eleccións á Asemblea portuguesa, 2009 |
||||||||||||||||||||||
| Partidos | AV | AZ | BE | BR | BÇ | CB | CO | EV | FA | GU | LE | LI | M | PA | PO | SA | SE | VC | VR | VI | EU | MU |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| PS 2009 | 6 | 3 | 2 | 9 | 1 | 2 | 4 | 1 | 3 | 2 | 4 | 19 | 1 | 1 | 18 | 4 | 7 | 3 | 2 | 4 | 1 | 0 |
| PS 2005 | 8 | 3 | 2 | 9 | 2 | 4 | 6 | 2 | 6 | 2 | 4 | 23 | 3 | 2 | 20 | 6 | 8 | 3 | 3 | 4 | 1 | - |
| PSD 2009 | 7 | 2 | - | 6 | 2 | 2 | 4 | 1 | 3 | 2 | 4 | 13 | 4 | 1 | 12 | 3 | 3 | 2 | 3 | 4 | 1 | 2 |
| PSD 2005 | 6 | 2 | - | 7 | 2 | 1 | 4 | - | 2 | 2 | 5 | 12 | 3 | - | 12 | 3 | 3 | 2 | 2 | 4 | 1 | 2 |
| BE 2009 | 1 | - | - | 1 | - | - | 1 | - | 1 | - | 1 | 5 | - | - | 3 | 1 | 2 | - | - | - | - | - |
| BE 2005 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 4 | - | - | 2 | - | 2 | - | - | - | - | - |
| CDU 2009 | - | - | 1 | 1 | - | - | - | 1 | - | - | - | 5 | - | - | 2 | 1 | 4 | - | - | - | - | - |
| CDU 2005 | - | - | 1 | 1 | - | - | - | 1 | - | - | - | 5 | - | - | 2 | 1 | 3 | - | - | - | - | - |
| CDS-PP 2009 | 2 | - | - | 2 | - | - | 1 | - | 1 | - | 1 | 5 | 1 | - | 4 | 1 | 1 | 1 | - | 1 | - | - |
| CDS-PP 2005 | 1 | - | - | 1 | - | - | - | - | - | - | 1 | 4 | - | - | 2 | - | 1 | 1 | - | 1 | - | - |
| Total 2009[10] | 16 | 5 | 3 | 19 | 3 | 4 | 10 | 3 | 8 | 4 | 10 | 47 | 6 | 2 | 39 | 10 | 17 | 6 | 5 | 9 | 2 | 2 |
| Total 2005 | 15 | 5 | 3 | 18 | 4 | 5 | 10 | 3 | 8 | 4 | 10 | 48 | 6 | 2 | 38 | 10 | 17 | 6 | 5 | 9 | 2 | 2 |
Notas [editar]
- ↑ Legislativas marcadas para 27 de Setembro, Sofia Rodrigues para Público, 27.6.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ Declaração do Presidente da República a propósito da data das eleições para a Assembleia da República, Web da Presidencia da República, 27.6.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ Campanha eleitoral entre 12 e 25 de Setembro , Público, 27.6.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ Portugal’s Socialists Get Boost Just before Election Day, Angus Reid, 24.9.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ Sondagem: Indecisão a dois meses do voto , Expresso, 31.7.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ Election Year Bodes Well for Portugal Socialists, Angus Reid, 11.5.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ PSD Threatens Ruling Socialists in Portugal, Angus Reid, 15.7.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ Dez à procura de um deputado, Público, 13.7.2009, consultado o 27.9.2009
- ↑ Página oficial de resultados
- ↑ As circunscricións de Aveiro, Braga e O Porto gañan un parlamentario, mentres que Lisboa, Bragança e Castelo Branco o perden. Véxase Lisboa perde um lugar na AR, Porto ganha um deputado, Diário de Notícias, 1.8.2009.