Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017
Data21 de decembro de 2017 Editar o valor em Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento de Cataluña e eleccións anticipadas Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido135 deputado do Parlamento de Cataluña ≈ XII Lexislatura do Parlamento de Cataluña. Duración do mandato: 4 Editar o valor em Wikidata
Campaña electoral15 Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado5.554.455 Editar o valor em Wikidata
4.392.891
   79.09٪
Ponto percentual (pt) 1.31
Número de votos válidos4.376.799    Número de votos en branco 19.431   Número de votos nulos 16.092
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
<1
2>
CS  — Inés Arrimadas
1.109.732   25.35٪
Ponto percentual (pt) 7.45
Deputado 25 → 36 Número de escanos 11
<1
2>
JUNTSxCAT  — Carles Puigdemont
948.233   21.66٪
Deputado 34
<1
2>
ERC  — Oriol Junqueras
935.861   21.38٪
Deputado 32
<1
2>
PSC  — Miquel Iceta
606.659   13.86٪
Ponto percentual (pt) 1.14
Deputado 14 → 17 Número de escanos 3
<1
2>
CECP  — Xavier Domènech Sampere
Comparació amb: Catalunya Sí que es Pot
326.360   7.46٪
Ponto percentual (pt) 1.48
Deputado 11 → 8 Número de escanos 3
<1
2>
CUP-CC  — Carles Riera i Albert
195.246   4.46٪
Ponto percentual (pt) 3.75
Deputado 10 → 4 Número de escanos 6
<1
2>
PPC  — Xavier García Albiol
185.670   4.24٪
Ponto percentual (pt) 4.25
Deputado 11 → 4 Número de escanos 7

lang=gl Editar o valor em Wikidata
 ← 2015 Editar o valor em WikidataCataluña Editar o valor em Wikidata 2021 Editar o valor em Wikidata  → 

As eleccións ao Parlamento de Cataluña, correspondentes á formación da xii lexislatura, celebráronse o xoves 21 de decembro de 2017. Foron convocadas polo presidente do Goberno Mariano Rajoy como unha medida da aplicación en Cataluña do artigo 155 da Constitución española, logo da destitución do Presidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont.[1] Os tres partidos a prol da independencia gañaron unha escasa maioría de escanos parlamentarios, acadando 70 de 135, mais quedaron por baixo da maioría no voto popular ao conseguiren o 47,6% dos votos.

Calendario[editar | editar a fonte]

Calendario das eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017
Anuncio de convocatoria de eleccións 27 de outubro
Firma, polo Presidente do Goberno, do Real Decreto 946/2017, de 27 de outubro, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Cataluña e da súa disolución.[2]
Publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) 28 de outubro
Data límite de presentación de coalicións 7 de novembro[3]
Data límite de presentación de candidaturas 17 de novembro[4]
Proclamación das candidaturas 25 de novembro[5]
Campaña electoral 5 - 19 de decembro
Xornada de reflexión 20 de decembro
Xornada electoral 21 de decembro

Historia[editar | editar a fonte]

Contexto[editar | editar a fonte]

A convocatoria de eleccións tivo lugar despois de que o Senado aprobase por maioría absoluta as medidas de aplicación do artigo 155 da Constitución española na comunidade autónoma de Cataluña remitidas polo Goberno de España, debido á declaración unilateral de independencia aprobada mediante voto secreto no pleno do Parlamento de Cataluña cun resultado de 70 votos a favor, 10 en contra, 2 votos en branco e 53 ausencias,[6] catro semanas despois da celebración do referendo de independencia. As medidas aprobadas a continuación en reunión extraordinaria do Consello de Ministros relativas á aplicación do artigo 155 cesaron ao entón presidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, ao vicepresidente Oriol Junqueras e ao resto de membros do Consello de Goberno autonómico.[7]

Convocatoria[editar | editar a fonte]

O 27 de outubro o presidente do Goberno Mariano Rajoy anunciou, acompañadas do anuncio de destitución de Carles Puigdemont e o seu consello de goberno, a disolución do Parlamento de Cataluña e a convocatoria de eleccións autonómicas para o xoves 21 de decembro de 2017.[7][8][n. 1] Conforme ao disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral (LOREG), a lei electoral española, deben transcorrer un mínimo de 54 días -o período que separa o sábado 28 de outubro e o xoves 21 de decembro- entre a publicación do real decreto de convocatoria electoral no Boletín Oficial do Estado (con correspondente entrada en vigor) e a celebración dos comicios en cuestión.[2][10]

Presentación das candidaturas[editar | editar a fonte]

O día 18 de novembro presentáronse as diferentes candidaturas en cada circunscrición, publicándose no Diario Oficial da Generalitat de Cataluña ao día seguinte. En total presentáronse 17 candidaturas, con 16 delas presentándose na circunscrición de Barcelona (Partido dos Socialistas de Cataluña, Partido Popular, Partido Animalista Contra el Maltrato Animal, Ciudadanos, Esquerra Republicana-Catalunya Sí, DIÀLEG, Candidatura de Unidad Popular, Per Un Món Més Just, Catalunya en Comú-Podem, Junts per Catalunya, La Familia Paz y Libertad, Recortes Cero-Grupo Verde, Democracia Nacional, Partit Familia i Vida, Convergents y Unidos y Socialistas+por la Democracia), mentres que na circunscrición de Tarragona presentouse unha lista non presente no resto das circunscricións: CILUS. En Tarragona presentáronse 12 das 17 candidaturas, e en Lleida e Xirona 11.[11]

Proclamación das candidaturas[editar | editar a fonte]

O 25 de novembro de 2017 o Boletín Oficial do Estado e o Diario Oficial da Generalitat de Catalunya publicaron as listas definitivas das candidaturas proclamadas para os comicios.[12][13][14][15][16] Un total de 11 candidaturas foron proclamadas para os comicios, 10 delas en todas as circunscricións e Per un Mon més Just só nas circunscricións de Xirona e Lleida.[17]

O 19 de decembro de 2017, dous días antes das eleccións, a Xunta Electoral Central acordou retirar a candidatura Diàleg Republicà (Diàleg), candidatura auspiciada por ERC para esquivar unha hipotética ilegalización do partido republicano, como medida preventiva ante unha hipotética ilegalización no contexto da aplicación do artigo 155 da Constitución e contabilizar en branco os votos que puidese recibir a candidatura do partido político.[18]

Barcelona[editar | editar a fonte]

As candidaturas presentadas número 8 (Per Un Món Més Just, PUM+J), número 11 (La Familia Paz y Libertad, La Familia), número 13 (Democracia Nacional, DN), número 14 (Partit Familia i Vida, PFiV), número 15 (Convergents, CNV) e número 16 (Unidos y Socialistas+por la Democracia, UNIDOS-DEf-Socialistas) non chegaron a ser proclamadas.

N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas
1 Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC)
2 Partit Popular/Partido Popular (PP)
3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA)
4 Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's)
5 Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (ERC-CatSí)
6 Diàleg Republicà (Diàleg)
7 Candidatura d'Unitat Popular (CUP)
9 Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem)
10 Junts per Catalunya (JUNTSxCAT)
12 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Xirona[editar | editar a fonte]

N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas
1 Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE)
2 Partit Popular/Partido Popular (PP)
3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA)
4 Per Un Món Més Just (PUM+J)
5 Esquerra Republicana-Catalunya Sí (ERC-CatSí)
6 Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's)
7 Diàleg Republicà (Diàleg)
8 Candidatura d'Unitat Popular (CUP)
9 Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem)
10 Junts per Catalunya (JUNTSxCAT)
11 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Lleida[editar | editar a fonte]

N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas
1 Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE)
2 Partido Popular/Partit Popular (PP)
3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA)
4 Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's)
5 Esquerra Republicana-Catalunya Sí (ERC-CatSí)
6 Candidatura d'Unitat Popular (CUP)
7 Junts per Catalunya (JUNTSxCAT)
8 Per Un Món Més Just (PUM+J)
9 Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem)
10 Diàleg Republicà (Diàleg)
11 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Tarragona[editar | editar a fonte]

As candidaturas presentadas número 9 (Per Un Món Més Just, PUM+J) e número 12 (Ciudadanos Libres Unidos, CILUS) non chegaron a ser proclamadas.

N.º - Nome oficial da candidatura Listas proclamadas
1 Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE)
2 Partido Popular (PP)
3 Partit Animalista Contra el Maltractament Animal (PACMA)
4 Ciutadans-Partido de la Ciudadanía (C's)
5 Esquerra Republicana-Catalunya Sí (ERC-CatSí)
6 Candidatura d'Unitat Popular (CUP)
7 Diàleg Republicà (Diàleg)
8 Junts per Catalunya (JUNTSxCAT)
10 Catalunya en Comú-Podem (CatComú-Podem)
11 Recortes Cero-Grupo Verde (Recortes Cero-Grupo Verde)

Resultados[editar | editar a fonte]

Distribución de escanos por circunscrición.

Os resultados cun escrutinio do 99,89% (actualidado a 22/12/2017 01:08) foron[19]:

Partido Escanos %Escanos Votos %Votos
Ciudadanos 37 27.41 1,102,099 25.48
Junts per Catalunya 34 25.19 940,602 21.75
ERC 32 23.70 929,407 21.49
PSC 17 12.59 602,966 13.94
Catalunya en Comú - Podem 8 5.93 323,695 7.48
CUP 4 2.96 193,352 4.47
PP 3 2.22 184,108 4.26
PACMA 0 0 38,520 0.89
Recortes cero 0 0 10,114 0.23
PUM+J 0 0 573 0.01
Diàleg 0 0 0 0

O total de escanos repartidos son 135, polo que a maioría está en 68 escanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Afirmou desexar «convocar canto antes esas eleccións libres, limpas e legais que poidan restaurar a democracia na comunidade autónoma».[9]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Ponce de León, Rodrigo (27 de outubro de 2017). "Rajoy cesa a Puigdemont y su Govern y convoca elecciones para el 21 de diciembre". eldiario.es (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boletín Oficial do Estado (ed.). "Real Decreto 946/2017, de 27 de outubro, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Cataluña e da súa disolución.". Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  3. El Confidencial (ed.). "21-D: todo lo que debes saber sobre las elecciones autonómicas de Cataluña.". Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  4. Boletín Oficial do Estado (ed.). "Candidaturas presentadas para las elecciones al Parlamento de Cataluña, convocadas por Real Decreto 946/2017, de 27 de octubre.". Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  5. Boletín Oficial do Estado (ed.). "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Parlamento de Cataluña, convocadas por Real Decreto 946/2017, de 27 de octubre.". Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  6. "El Parlament declara la República catalana con 70 'sí', 10 'no', dos votos en blanco y 53 diputados ausentes". Público. 27 de outubro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "El Gobierno aprueba las primeras medidas previstas en aplicación del artículo 155 de la Constitución". 27 de outubro de 2017. 
  8. "Rajoy disuelve el Parlamento de Cataluña y convoca elecciones el 21 de diciembre". Cuatro. 27 de outubro de 2017. 
  9. Díez, Anabel (27 de outubro de 2017). "Rajoy destituye a Puigdemont y convoca elecciones en Cataluña el 21 de diciembre". El País. 
  10. "¿Por qué las elecciones de Cataluña se celebrarán el jueves 21 de diciembre?". Antena 3. 27 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2017. .
  11. "17 candidaturas concurrirán a las elecciones catalanas, seis más que en 2015". El País. 19 de novembro de 2017. 
  12. "Disposición 13683 del BOE núm. 287 de 2017" (PDF). Boletín Oficial do Estado. 25 de novembro de 2017. Consultado o 25 de novembro de 2017. 
  13. Gusiñer Mir, Roser (24 de novembro de 2017). "EDICTO de 24 de noviembre de 2017, por el que se proclaman las candidaturas presentadas ante la Junta Electoral Provincial de Girona para las elecciones al Parlamento de Cataluña de 2017". Diario Oficial da Generalitat de Catalunya. Xirona. Consultado o 25 de novembro de 2017. 
  14. Serrano Masip, Alfonso (24 de novembro de 2017). "EDICTO de 24 de noviembre de 2017, por el que se proclaman las candidaturas presentadas ante la Junta Electoral Provincial de Lleida para las elecciones al Parlamento de Cataluña de 2017". Diario Oficial da Generalitat de Catalunya. Lleida. Consultado o 25 de novembro de 2017. 
  15. Jiménez Aragonés, Antonia (24 de novembro de 2017). "EDICTO de 24 de noviembre de 2017, por el que se proclaman las candidaturas presentadas ante la Junta Electoral Provincial de Barcelona para las elecciones al Parlamento de Cataluña de 2017". Diario Oficial da Generalitat de Catalunya. Barcelona. Consultado o 25 de novembro de 2017. 
  16. Aunòs Gómez, Raquel (24 de novembro de 2017). "EDICTO de 24 de noviembre de 2017, por el que se proclaman las candidaturas presentadas ante la Junta Electoral Provincial de Tarragona para las elecciones al Parlamento de Cataluña de 2017". Diario Oficial da Generalitat de Catalunya. Tarragona. Consultado o 25 de novembro de 2017. 
  17. Europa Press (25 de novembro de 2017). "El DOGC y el BOE publican las 10 candidaturas proclamadas por las Juntas Electorales". Europa Press. Barcelona. Consultado o 25 de novembro de 2017. 
  18. EFE (19 de decembro de 2017). "La Junta Electoral acuerda retirar una candidatura paralela que impulsó ERC". El Mundo. Consultado o 21 de decembro de 2017. 
  19. "Resultados de las elecciones catalanas 2017 en Cataluña". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 22 de decembro de 2017, ás 10:38.