Eleanor Bron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleanor Bron
Nacemento Eleanor Bron
14 de marzo de 1938
Stanmore, Middlesex, Inglaterra Inglaterra
Profesión Actriz e escritora
Cónxuxe(s) Cedric Price (falecido)
Ficha na IMDb

Eleanor Bron nada o 14 de marzo de 1938 en Middlesex, Inglaterra é unha escritora e actriz de televisión, cinema e teatro.

Índice

[editar] Biografía

É descendente de xudeus da Europa Occidental. O seu pai acurtou o apelido "Brontein" por "Bron" na honra ó fundador da Bron`s Orchestral Service.

Estudou no norte de Inglaterra no Collegiate School e no Newnham College, en Cambridge. Estivo casada co arquitecto Cedric Price até o seu falecemento no 2003. Non tiveron fillos. O seu irmán é o produtor Gerry Bron.

[editar] Traxectoria cinematográfica

Eleanor Bron comezou a súa carreira no Cambridge Footlights con The Last Laugh. A actriz apareceu no filme Help! cos Beatles no papel de Ahme. Paul McCartney tamén tomou o seu nome para a canción "Eleanor Rigby".

Tamén interpretou a doutora que fixo razoar ó casanova interpretado por Michael Caine en Alfie, a inalcanzábel Margaret Spencer no filme de Peter Cook e Dudley Moore Bedazzled, Hermione Roddice en Women in Love de Ken Russell, e Lydia Reynols no drama A Touch of Love. Aparece no filme Two for the Road xunto a Albert Finney, Audrey Hepburn e William Daniels. Máis recentemente colaborou nas adaptacións cinematográficas de A Little Princess, The House of Mirth, Black Beauty e Wimbledon.

Bron é citada acotío como unha inspiración para a canción dos Beatles “Eleanor Rigby”. É nomeada na canción “Yo la Tengo” de Tom Courtenay, na estrofa: “dreaming 'bout Eleanor Bron, in my room with the curtains drawn...".

[editar] Obra

É autora de varios libros, entre os que destacan “Life and other Punctures”, unha historia sobre a volta ciclista en Francia e Holanda sobre unha bicicleta, e “The Pillow Book of Eleanor Bron”.

[editar] Filmografía

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas