Elaine Anderson Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elaine Anderson Scott Steinbeck, nada o 14 de agosto de 1914 e finada o 27 de abril de 2003, foi unha actriz americana e unha das primeiras mulleres en desempeñar o posto de "stage manager" na década dos corenta. Mentres estivo casada co actor Zachary Scott tamén recibiu o nome de Elaine Scott. Despois do seu matrimonio co escritor John Steinbeck foi coñecida como Elaine Steinbeck.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Austin, Texas en 1914, no seo dunha familia próspera cos negocios petrolíferos. Estivo interesada en actuar dende pequena e estudou drama en UTA. Na década dos corenta trasládase co seu primeiro marido a Nova York, onde comezará a traballar no teatro e a aprender os aspectos técnicos da produción teatral. Tras conseguir o divorcio de Zachary Scott, casou á semana seguinte con John Steinbeck o 28 de decembro de 1950. Permaneceron casados ata a morte de Steinbeck en 1968, actuando de voceira e abandeirada del en conferencias ó longo de todo o mundo e gardando celosamente o seu legado literario. Foi a editora da súa correspondencia baixo o título de A Life in Letters (Steinbeck, John, Ed. Elaine Steinbeck and Robert Wallsten (1975). Steinbeck: A Life in Letters, Viking: University of California Press). Tivo unha filla con Scott, Waverly Scott.

Morreu en Manhattan no 2003.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]