Elafónisos - Ελαφόνησος
| Elafónisos - Ελαφόνησος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Illas Xónicas |
| Linguas | |
| Poboación | 745 (2001) |
| Superficie | 19´992 km² |
| Densidade | 37 h /km² |
| Coordenadas | 36°29′N 22°57′E / 36.483°N 22.950°E |
| Maior Altura | 276 m. |
| Localización | |
Elafónisos (grego Ελαφόνησος) é unha pequena illa grega entre o Peloponeso e Citera. Atópase na costa de Cabo Malea e Vatika. A superficie da illa é de 19 km².
A poboación é de entre 300 e 350 persoas durante o inverno, pero se incrementa dramaticamente nos meses de verán. Durante xullo e agosto o número de turistas chega a máis de 3.000 por día (traendo con eles uns 1.600 coches). Moitas persoas visitan a illa polas súas praias de area branca. Entre as máis coñecidas das súas praias están Sarakiniko, Fragos (Simos) e Panagias Nissia, todas cheas de augas azulverdosas.
Elafónisos é de lonxe a illa habitada máis grande do arquipélago do Peloponeso, e a única que é un concello independente. Tamén hai algúns descubrimentos arqueolóxicos para explorar na illa e nas augas circundantes. A igrexa principal da comunidade é Agios Spyridon (en grego: Άγιος Σπυρίδων), que está construída sobre un pequeno illote separado da terra, que está conectado por unha ponte sobre augas pouco profundas co resto da illa. A superficie do concello tamén inclúe 3 km² na parte continental que consiste principalmente na famosa praia de Punta.
No continente, aproximadamente, a uns 6´5 km. ao leste está Neapoli (en grego: Νεάπολη) do municipio de Vatika. Preto de 8´5 km ao sur do está Cabo Frangos (en grego: Φράγκο) na illa de Citera.
Índice |
Poboación histórica[editar]
| Ano | Poboación da illa | Poboación do concello |
|---|---|---|
| 1981 | 611 | — |
| 1991 | 653 | 725 |
| 2001 | 625 | 745 |
Historia[editar]
Na antigüidade, Elafónisos non constituía unha illa senón unha península co nome "Onou Gnathos" (grego: Όνου Γνάθος) (Queixada de Burro), de acordo a Pausanias.[1] Xusto á beira da costa de Elafonisos atópase o lugar arqueolóxico de Pavlopetri, unha cidade afundida que se remonta a principios dos anos do terceiro milenio AEC e crese que foron reclamados polo mar ao redor do 1000 AEC.[2]
Referencias[editar]
- ↑ Description of Greece book 3, chapter 22, section 10 "kalousi de Onou gnathon tên akran". (2.94), (1.97) and Strabo Geography (2.22), (2.71), (4.22), (4.28)[1]
- ↑ http://www.guardian.co.uk/science/2009/oct/16/lost-greek-city-atlantis-myth