El Voto Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Voto Popular
LocalidadePontevedra
editar datos en Wikidata ]

El Voto Popular foi un periódico editado en Pontevedra entre 1881 e 1882.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales y anuncios, apareceu o 10 de novembro de 1881. Aparecía os martes e venres. Ao pouco da súa aparición concedéuselle autorización para tratar asuntos políticos e cambiou o subtítulo por Periódico político. Os seus redactores eran Emilio Álvarez Giménez, Augusto de la Peña e Félix Martínez. Entre os colaboradores figurou Felipe Isla Gómez. Publicou nunha das súas planas El Independiente de Andrés Muruais. Editábase na imprenta de Rogelio Quintáns e despois pasou á de J. Millán. Cesou a súa publicación a finais de 1882.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]