El Viejo Pancho
José María Alonso de Trelles y Jarén, coñecido co alcume de El Viejo Pancho, nado en Ribadeo o 7 de maio de 1857 e finado en Montevideo o 28 de xullo de 1924, foi un poeta gauchesco uruguaio.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu na parroquia de Santa María do Campo, no núcleo urbano de Ribadeo. Na súa infancia viviu uns anos en Asturias, e en 1875, con 18 anos de idade emigrou a América, radicándose durante dous anos en Chivilcoy (vila da provincia de Bos Aires, Arxentina), ata que en 1877 trasladouse a El Tala, localidade situada a 110 km de Montevideo, onde cobrou fama como poeta da vida rural uruguaia.
En 1902 Alonso de Trelles optou pola nacionalidade uruguaia, chegando a ocupar unha banca na Cámara de Representantes polo Partido Nacional de Uruguai.
Finou por mor dunha dolorosa enfermidade asociada coa peritonite.
Obra [editar]
Foi o representante máis coñecido da poesia tradicionalista, vixente na region entre fins do século XIX e principios do XX. Os seus principais obras foron:
- ¡Guacha! (1913, drama)
- Paja Brava (1916)
Carlos Gardel incluíu no seu repertorio varios poemas seus, musicalizados por Américo Chiriff: "Insomnio", "¡Hopa! ¡Hopa! ¡Hopa!", "¡Cómo Todas!" e "Misterio".
Bibliografía [editar]
- "El Viejo Pancho", artigo na Enciclopedia libre universal (en castelán).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Poema seu no blog Ribadeando.