El Reno Renardo
El Reno Renardo é un grupo de orixe vasca de heavy metal humorístico ou freak Metal en lingua castelá, fundado en 2006 polos membros de Valhalla, Jevo, Mikel e Iván Corcuera. A maior parte das cancións do Reno Renardo narran situacións cotiás en clave de humor. Con todo, e sobre todo a partir do segundo disco, moitas delas teñen como obxectivo a denuncia ou a crítica social. Moitas das cancións deste grupo son adaptacións de temas famosos doutros grupos de pop, rock, metal etc., ás que se lles modificou a letra. Outras con todo son totalmente orixinais (tanto a letra como a música).
O grupo non comercializa as súas cancións senón que as distribúe de balde mediante a súa páxina web. Ademais, o grupo compaxina o labor musical coa creación esporádica de videoclips para os seus temas máis famosos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina Oficial (en castelán)