El Puto Coke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEl Puto Coke
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Puto Coke Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre de cerimonias Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: cokecespedes Musicbrainz: bc0ea458-d061-41b3-bd25-ea1c64cc3315 Discogs: 1318923 Editar o valor em Wikidata

El Puto Coke, nado en Vigo en 1979 co nome de Jorge Céspedes Santos, é un Mc galego tamén coñecido como El Puto ou El 5º Elemento.

Traxectoria musical[editar | editar a fonte]

O Puto Coke leva no panorama do hip hop desde 1996. É antigo compoñente e cofundador do colectivo La Familia, xunto con Paniko En Las Calles, El Pillo Astuto, Roty340 e Ojo Maestro, que conta con máis de cinco discos ás súas costas. La Familia disolveuse pero no seu momento destacaron por ser pioneiros en ir alén do son hardcore reinante no momento, e en innovar na temática das súas cancións.

Con La Familia autoeditou un disco titulado "Eclipse" en 1998. O seu debut en solitario foi da man da compañía Euro 17 onde publicou El Proyecto. A súa estadía con esta compañía foi curta xa que despois pasaría a Avoid con Epílogo. En 2002 editou o LP "Un raio de soul" coa compañía "Lam Records". Neste último traballo destaca o tema 'Nana', unha nana xunto a Kase-O e Payo Malo. En 2004 rematou o seu contrato publicando en 2004 o disco "Pilla esto".

El Puto Coke iniciou en 2004 o proxecto "Souldados" co rapeiro portugués Ace membro do grupo Mind da gap. En xaneiro de 2006 presentou “Los Lunes al Soul”, que se distribuíu gratuitamente desde a súa web, e que conta coas colaboracións ás voces de Mundo (Dealenma), La puta opepé, Wöyza ou Loco 23.

A maior parte das rimas de El Puto Coke son en castelán, se ben tamén ten feito pequenas incursións no galego, como na súa colaboración para o Xabarín Club con Malvela e nas súas cancións Gal-Ego e Hino da Galiza.

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • "El debut" (maqueta) (1997)
  • "El proyecto" (LP) (Euro 17, 1999)
  • "Vigo Zoo" (LP) (1999)
  • "Epílogo" (EP) (Avoid, 2001)
  • "Un rayo de soul" (LP) (Lam Records, 2002)
  • "Pilla esto 2" (LP) (Lam Records, 2003)
  • "Los lunes al soul" (LP) (2006)
  • "El P. Coke Beats Vol.01 " (LP) (2009)
  • "Pilla esto 3" (LP) (2010)
  • "Irmán / G-g-A-a-L-EGO" (EP) (2010)
  • "El P. Coke Presenta: Coke Céspedes" (LP) (2012)
  • "Jot Remixes" (EP) (2012)
  • "Preludio EP" (EP) (2012)
  • "El P. Coke Presenta: Caras W con Wöyza" (LP) (2015)
  • "El P. Coke Ha Muerto" (EP) (2016)

Con La Familia[editar | editar a fonte]

  • "Eclipse" (1998)
  • "Queimada" (2002)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Shelar: "Ala de mosca" (maqueta, 2002).
  • Shelar: "Terapia Léxica" (Lam Records, 2004).
  • Kechu Prods: "Siente la clase" (maqueta, 2009).
  • Kechu Prods: "Sala de despiece" (maqueta, 2012).
  • Kechu Prods: "Escama" (2016)