El Putget i Farró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O passatge de Sant Felip, no barri do Farró.

El Putget i el Farró (ou El Putxet i el Farró) é un barrio do distrito de Sarrià-Sant Gervasi da cidade de Barcelona. Está formado por dous núcleos ou barrios, el Putget, ao norte, e el Farró, no sur. Esta agrupación destes dous barrios foi creada no ano 2007 a partir da nova distribución de barrios que aprobou o Concello de Barcelona.

É delimitado pola avenida da República Arxentina, a praza de Lesseps, a avenida do Príncipe de Asturias, a Vía Augusta, a rúa de Balmes (a Praza Molina) e o paseo de Sant Gervasi. Actualmente unha boa parte da súa superficie está ocupada polo parque do Putxet. Actualmente ambos os sectores que forman o barrio están habitados por poboación de extracción adiñeirada e de clase alta debido ao pasado do territorio como zona de veraneo da burguesía.

El Putget é unha pequena montaña que se estende entre en Sant Gervasi limitando con Vallcarca i els Penitents onde houbera unha capela no século XVII pero non foi ata o 1870 que se empezaron a construír algunhas torres para a burguesía barcelonesa que se trasladaba da Barcelona vella. Este barrio formaba parte, xunto con La Bonanova e Lledó que integraban o antigo termo municipal de Sant Gervasi o 1879. Nos inicios foi un núcleo principalmente de veraneo pero coa chegada do ferrocarril de Sarrià en Barcelona, o metro e tranvías (como o que pasaba polo eixo da rúa Zaragoza) converteuse nun lugar de residencia habitual.

O outro sector, por baixo da Rolda do Xeneral Mitre, é el Farró que se atopa ao redor das rúas de Zaragoza e de Vallirana. O núcleo recibe o seu nome de Silvestre Farró, que a principios do século XIX construíu as primeiras casas. Neste sector destacan as casas baixas con patios interiores e as pasaxes de casas encostadas como o de Sant Felip ou o de Mulet, normalmente construídas ao redor de torres de estilo colonial ou modernista construídas pola clase acomodada barcelonesa con finalidade de veraneo (algunhas substituídas por pisos aínda restando algunhas).