El Pueblo (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Pueblo
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

El Pueblo foi un semanario publicado en Santiago de Compostela entre 1911 e 1913.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario. Órgano de la Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga, apareceu en 1911. Semanario católico de carácter doutrinal. Tiña unha sección fixa de literatura. Publicou un artigo no que se reclamaba a creación da cátedra de Literatura Galego-Portuguesa na USC e outro no que se apoiaba a construción dun monumento a Rosalía de Castro en Compostela. Cesou a súa publicación en 1913.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]