El Pueblo (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Pueblo

Editar o valor em Wikidata
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 580271
editar datos en Wikidata ]

El Pueblo foi un semanario de carácter republicano que se editou en Pontevedra entre 1914 e 1932.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 1 de xuño de 1914. Foi o seu director Juan Manuel Rodríguez de Cea. Aínda que escrito en castelán, mantiña a sección "O Labrego" en galego. Suprimido durante a ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en marzo de 1930.[1] Entre os seus colaboradores figurou Roberto Panero Fernández. Deixou de publicarse o 5 de novembro de 1932, para converterse nun diario que aparece co título de El País.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 8-3-1930, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]