El Pensamiento Galaico
El Pensamiento Galaico foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1888 e 1895.
Índice |
Historia e características [editar]
Subtitulado Diario católico-tradicionalista, apareceu o 3 de abril de 1888. Foi continuación de El Pensamiento Gallego consignando na súa cabeceira Segunda Época e na numeración o número 380[1]. Continuou defendendo a causa carlista. Dirixido por Juan Vázquez de Mella e Constantino Moreira Martínez. A partir de outubro de 1888 a redacción de El Pensamiento Galaico publicou unha revista co título El Pensamiento Gallego[2]. O 11 de outubro de 1889 cederon a propiedade e a dirección a Antonio García Mosquera. Logo da marcha de Vázquez de Mella o director foi Mariano Jamardo, continuando Antonio García Mosquera como administrador. Entre os seus redactores estaban Carlos Adrán Botana e Jesús Fernández Suárez. Publicou artigos de dereito penal, historia ou relixión, ademais de folletíns como as novelas A tecedeira de Bonaval e O castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Foi substituída en novembro de 1895 por El Pensamiento Gallego. En 1898 apareceu El Pensamiento de Galicia como continuador dos dous anteriores.
Notas [editar]
- ↑ Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 4-4-1888, p. 3.
- ↑ Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 26-9-1888, p. 3.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externas [editar]
- Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936) artigo de Jesús María Palomares Ibáñez.
- Ficha e exemplares en Galiciana