El Ejemplo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Ejemplo
LocalidadeA Coruña
Na rede
Galiciana: 3878
editar datos en Wikidata ]

El Ejemplo foi un xornal editado na Coruña entre 1873 e 1875.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de La Coruña, apareceu 16 de xullo de 1873. Publicación de tendencia conservadora fundada por José Hernández Grandal. Foi o seu director Alonso Rey,[1] e entre os seus colaboradores figuraba Ricardo Acevedo Fullós. Incluíu novas de carácter xeral, un boletín xudicial e un apartado dedicado á economía. O gobernador civil ameazou con suspender a súa edición en 1874 polas súas críticas ó ferrocarril. Cesou a súa edición co número 659, o 30 de setembro de 1875.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Diario de Santiago, 13-2-1878, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]