El Coloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"El Coloso", de Goya

El Coloso, pintado entre 1808 e 1812, é un cadro tradicionalmente atribuído a Francisco de Goya no que un xigante de tamaño colosal se ergue por tras duns montes, que lle ocultan as pernas até as coxas, ocupando a figura o centro da imaxe, estando arrodeada de nubes e cos puños en alto. O terzo inferior do lenzo ocúpao un sombrío val onde unha multitude de xente e gando se dispersa caoticamente en todas direccións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]