El Camp de l'Arpa del Clot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°24′41.16″N 2°10′57″E / 41.4114333°N 2.18250°E / 41.4114333; 2.18250

O barrio dentro do distrito de Sant Martí.

El Camp de l'Arpa del Clot é un dos barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Martí. Está situado na parte alta do distrito e antigamente era chamado Camp de l'Arpa. Está delimitado pola Avenida Meridiana e as rúas Aragó, Dos de Maig, Sant Antoni Maria Claret e Navas de Tolosa.

Nel atopamos un hospital, o Hospital Nen de Déu, aínda que o propio barrio linda co Hospital de la Santa Creu i Sant Pau. A Plaça de l'Oca é unha praza tradicional que alberga un mercado ao aire libre organizado na chamada Fira d'Artesans Plaça de l'Oca. A pesar de non ser un barrio turístico, dispón de varios hoteis, pensións e albergues.

O barrio está ben comunicado e nel atópanse tres estacións de metro: Camp de l'Arpa, Clot e Encants.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]