Ekaterimburgo - Екатеринбyрг
Ekaterimburgo (en ruso Екатеринбyрг), é a maior cidade na parte central de Rusia, e o centro administrativo do Oblast de Sverdlovsk. Situada na zona leste da cordilleira dos Urais é o principal centro cultural e industrial do Distrito Federal dos Urais. Segundo o censo de 2002 conta cuns 1,293,537 habitantes, o que é menos que os 1,364,621 recollidos no censo de 1989, isto faina a cuarta cidade máis poboada de Rusia. Entre 1924 e 1991, a cidade foi coñecida como Sverdlovsk (Свердлoвск), en honor ao xefe bolxevique Yakov Sverdlov.
Índice |
[editar] Historia
A cidade foi fundada en 1723 por Vasily Tatischev e dedicoulle o nome a santa Catarina, que compartía nome co da filla do tsar Pedro o Grande a emperatriz Catarina (Ekaterina). A data oficial da fundación é o 18 de novembro de 1723.
Pouco despois da Revolución Rusa, o 17 de xullo de 1918, o tsar Nicolao II, a súa muller Alexandra, as súas fillas as Grandes Duquesas Olga, Tatiana, María e Anastasia, e o tsarevich Alexei foron asasinados xunto cos seus serventes polos bolxeviques na Casa Ipatiev da cidade. En 1977, a Casa Ipatiev foi destruída por orde de Boris Ieltsin, que máis tarde chegaría a ser presidente da Federación Rusa. Este representou ao pobo ruso no funeral do tsar en 1998.
Na década de 1920 Ekaterinburgo transformouse nun importante centro industrial en Rusia. A fábrica de maquinaria pesada máis grande en Europa, a Uralmash (Уралмаш, literalmente Planta de Construción de Maquinaria dos Urais), foi construída nesta cidade.
A partir de 1924 e ata 1991, a cidade recibiu o nome de Sverdlovsk, en honor ó dirixente bolxevique, Iakov Sverdlov, autor intelectual do asasinato da Familia Imperial.
[editar] Cidades irmás
Ekaterinburgo esta irmandada con:
Plzeň, República Checa.
Wuppertal, Alemaña, desde 1993.
San Jose, Estados Unidos, desde 1992.
Guangzhou, República Popular China, desde 2002.
Xénova, Italia.
Ferentino, Italia.
Incheon, Corea do Sur.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Lugares de interese turístico na cidade de Ekaterimburgo (en ruso, Inglés)