Eiður Guðjohnsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eiður Guðjohnsen
Eidur Gudjohnsen 10mar2007.jpg
Nome completo: Eiður Smári Guðjohnsen
Alcume: Jugonsen, Oso gudi, Guddy, Bacallà, Bacalao Gudjohnsen, o home que chegou do frío
Data de nacemento: 15 de setembro de 1978
Lugar de nacemento: Reykjavík, Islandia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: islandés
Club actual: Fulham Football Club
Posición: Dianteiro
Altura: 1,85 metros
Partidos internacionais: 46
Goles: 19
Ano do debut: 1994
Club do debut: Valur
Ano do retiro:
Club do retiro:


Eiður Smári Guðjohnsen, nado o 15 de setembro de 1978 en Reykjavík, é un xogador de fútbol islandés. Na actualidade xoga no FC Barcelona, e é o capitán e máximo goleador da Selección de Islandia. Adoita xogar en posicións ofensivas, e ademais da súa capacidade goleadora tamén conta con certa habilidade para xogar o balón. Está casado con Sveinn Aaron, e ten dous fillos, Daniel Tristan e Andri Lucas.

Índice

[editar] Biografía

Con 15 anos recalou nun dos equipos da capital islandesa, o Valur, e posteriormente, no PSV Eindhoven holandés, compartindo equipo con Ronaldo.

En 1996 debutou como internacional coa Selección de Islandia contra a de Estonia substituíndo ao seu propio pai, Arnór Guðjohnsen, feito inédito no fútbol profesional.

Posteriormente xogou no KR Reykjavík, e pouco despois aterrou na Premier League inglesa, concretamente no Bolton Wanderers, anotando 21 goles na tempada 1999/2000, o que lle deu a posibilidade de subir un chanzo máis e fichar polo Chelsea a cambio de 4 millóns de libras. Daquela, o adestrador do Chelsea era o italiano Gianluca Vialli, e o compañeiro de ataque do islandés era Hasselbaink, co que formou unha parella temible na tempada 2001-02, na que Guðjohnsen anotou 23 goles e Hasselbaink 27.

Roman Abramovich chegou ao club londiniense en 2003 e con el novos reforzos, como o romanés Adrian Mutu, o arxentino Hernán Crespo ou o marfilés Didier Drogba, quel le dificultaron un posto no once titular, polo que as zonas atacantes se foron repartindo, se ben coa marcha de Mutu en 2005 despexou algo o camiño a Guðjohnsen. Marcou o seu primeiro hat-trick como profesional contra o Blackburn Rovers en outubro de 2004.

Na madrugada do 13 ao 14 de xuño do 2006, mediante unha reunión en Barcelona do seu representante con Ferran Soriano, un directivo do FC Barcelona, e con representantes FIFA do Chelsea, chegouse mediante un acordo ao seu traspaso ao Barça, onde utiliza o dorsal número 7 vestido anteriormente por Henrik Larsson.

O 13 de outubro de 2007 converteuse no máximo goleador da Selección de Islandia nun partido valedoiro para a clasificación da Eurocopa 2008 fronte á [[Selección de fútbol de Letonia|Selección de Letonia], marcando os dous goles da súa selección, que malia todo rematou perdendo por 4-2.

Tralos ruxe-ruxes que colocaban a Guðjohnsen fóra do FC Barcelona, o novo adestrador, Pep Guardiola, confirmou que contaba con el para a tempada 2008/2009.

[editar] Clubes

Club País Ano
Valur Reykjavík Islandia 1994
PSV Eindhoven Países Baixos 1994-1996
KR Reykjavík Islandia 1996-1998
Bolton Wanderers Inglaterra 1998-2000
Chelsea FC Inglaterra 2000-2006
FC Barcelona España 2006-

[editar] Títulos

[editar] Campeonatos nacionais

Título Club País Ano
Copa Holandesa PSV Eindhoven Países Baixos 1996
Supercopa Holandesa PSV Eindhoven Países Baixos 1996
Community Shield Chelsea FC Inglaterra 2000
Carling Cup Chelsea FC Inglaterra 2005
Premier League Chelsea FC Inglaterra 2005
Community Shield Chelsea FC Inglaterra 2005
Premier League Chelsea FC Inglaterra 2006
Supercopa de España FC Barcelona España 2006

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas