Egg (automóbil)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Egg & Egli construído en 1899

Egg ou Egg & Egli foi unha marca de coche suíza, activa entre 1896 e 1919. Foi unha das marcas de coches máis lonxevas do país. Apareceu en numerosos salóns do automóbil e competiu no derby anual Smash-up de Francia.

Historia[editar | editar a fonte]

Rudolf Egg, un enxeñeiro automotriz, construíu un coche para o seu uso en 1893. Máis tarde en 1896 fundou a compañía do mesmo nome en Zürich cos fondos dun banqueiro suízo chamado Egli. En 1904, a empresa trasladouse a Wollishofen, operando baixo o nome de Motorwagenfabrik Excelsior. A compañía Egg produciu máis tarde algúns dos primeiros motores de avións suízos. Logo da guerra as dificultades financeiras obrigaron ó peche da empresa en 1919. Máis tarde o mesmo Egg converteuse nun distribuidor de Renault.

Modelos[editar | editar a fonte]

Ao principio, todos os modelos eran triciclos. Chamado triciclo Egg & Egli antes de 1900, logo comercializáronse como Egg & Egli Rapid. Os primeiros coches de catro rodas producíronse en 1899, cun forte parecido co Oldsmobile Curved Dash. Os modelos Egg considerábanse de alta calidade en Suíza, e moitas empresas suízas os produciron baixo licenza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Egg

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]