Efecto nocebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En medicina, o efecto nocebo é unha reacción daniña, desagradable ou indesexable que experimenta o paciente tras recibir un preparado farmacolóxico inerte. As reaccións nocebo non se xeneran quimicamente e débense só á crenza pesimista do suxeito e á expectativa de que o composto inerte producirá consecuencias negativas.

Nestes casos, non hai un medicamento real involucrado, pero as consecuencias negativas presentes pola administración do composto son porén reais, sexan fisiolóxicas, condutuais, emocionais ou cognitivas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Walter Kennedy en 1961 escolleu o termo nocebo, que no latín significa 'farei dano' para denominar a contrario ou complementario dunha das aplicacións daquela máis recentes de placebo ('darei pracer', tamén en latín), en concreto, aquela na que o placebo é un medicamento que produce consecuencias beneficiosas, agradables, saudables ou desexables nun paciente como resultado directo das crenzas e expectativas do suxeito.

Descrición[editar | editar a fonte]

É posible que W. R. Houston fose o primeiro en falar da aplicación deliberada por parte dun médico de procedementos "placebo" daniños, en contraste cos outros procedementos placebo inermes que un doutor pode aplicar e cuxa "utilidade estaba en relación directa coa fe que o doutor tiña e coa fe que o doutor era capaz de suxestionar nos seus pacientes".

Houston fala de tres categorías de placebo significativamente distintas:

  • medicamento que o doutor sabe que é inerte pero que o paciente pensa que é potente
  • medicamento que o doutor e o paciente cren que é efectiva, pero que a investigación ulterior demostra que é inerte
  • medicamento que o doutor e o paciente cren que é inerte, pero que é perigosa ou daniña no canto de ser inerme

O termo "resposta nocebo" significaba orixinalmente unha resposta a un procedemento inerte creada pola crenza, involuntaria e impredicible, pero actualmente existe unha tendencia a chamarlles ós medicamentos que producen consecuencias negativas como "compostos nocebo", o cal implica que o "efecto nocebo" pode usarse para unha consecuencia creada polo fármaco, predicible e daniña.

Os antropólogos usan o termo "ritual nocebo" para describir un proceso, tratamento, ritual, remedio herbal ou medicamento que se dá con intención maliciosa, en contraste co placebo no que leva a cabo con intencións benevolentes. Un exemplo desta situación é a morte por medo tras unha mordedela dunha serpe non velenosa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]