Efecto Ferranti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto Ferranti é un aumento na tensión no extremo receptor dunha liña eléctrica de transporte respecto á tensión no extremo xerador, é dicir, produce caídas de tensión nas liñas de valor negativo. Ocorre cando a liña está pouco cargada ou ben cando a carga está desconectada.

Características[editar | editar a fonte]

Este efecto débese á indutancia (debida á corrente de carga) e á capacitancia da liña e será maior canto maiores sexan a lonxitude da liña e a tensión aplicada.[1] O aumento de tensión relativo é proporcional ó cadrado da lonxitude da liña.[2] O efecto Ferranti é moito máis intenso en liñas subterráneas debido á súa elevada capacidade, incluso en liñas curtas.

Este fenómeno foi descuberto polo enxeñeiro británico de orixe italiana Sebastian Ziani Ferranti nunha liña eléctrica deseñada por el a finais do século XIX e atribuíuno á interacción dos debandados do transformador coa capacidade do cable.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Line-Charging Current Interruption by HV and EHV Circuit Breakers, Carl-Ejnar Sölver, Ph. D. and Sérgio de A. Morais, M. Sc." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2007. Consultado o 20 de xaneiro de 2011. 
  2. "A Knowledge Base for Switching Surge Transients, A. I. Ibrahim and H. W. Dommel" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de maio de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2011.