Efecto Coandă

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O efecto Coandă demostrado con unha culler e un chorro de auga.
O efecto Coandă sostendo unha bóla no aire.

O efecto Coandă é o fenómeno físico procucido en mecánica dos fluídos, no que unha corrente de fluído, gasosa ou líquida, tende a ser atraída por unha superficie veciña a súa traxectoria. O termo foi acuñado por Albert Metral en homenaxe ao enxeñeiro aeronáutico romanés Henri Coandă, que descubriu o efecto no seu prototipo de avión a reacción.[1]

Explicación[editar | editar a fonte]

Un bo xeito de explicar en que consiste o efecto Coandă é cun exemplo:

Supoñamos unha superficie curva, por exemplo un cilindro, tal como está na ilustración. Se sobre el vertemos algo sólido (arroz, por exemplo) rebotará cara á dereita. O cilindro, polo principio de acción-reacción, tenderá a ir á esquerda. Isto pódese ver na primeira parte da ilustración.

Supoñamos unha superficie curva, por exemplo, un cilindro, tal como está na ilustración. Se sobre el vertemos algo sólido (arroz, por exemplo) rebotará cara á dereita. O cilindro, polo principio de acción-reacción, tenderá a ir á esquerda. Isto pódese ver na primeira parte da ilustración.

Se repetimos esta experiencia cun líquido, debido á súa viscosidade, tenderá a "pegarse á superficie curva". O fluído sairá en dirección oposta. Neste caso, o fluído será atraído cara ao cilindro.

Representación do efecto Coandă.

Se nos imaxinásemos o líquido que cae, como miles de capas de auga, as capas que tocan ao cilindro pegaranse. As capas contiguas, polo rozamento, pegaranse a esta e desviaranse un pouco. As seguintes capas, igualmente, desviaranse algo máis.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

O efecto Coandă foi descuberto en 1910 por Coandă (1885-1972), que se interesou no fenómeno despois de destruír un prototipo de aeroplano desenvolvido por el, o (Coandă-1910). Tras observar como as chamas e os gases queimados que saían dos motores se aproximaban ao fuselaxe,[1] Coandă notou que un fluído tende a seguir o contorno da superficie sobre a que incide, se a curvatura desta, ou o ángulo de incidencia do fluído coa superficie, non son demasiado acentuados.

Efecto Coandă no mundo das carreiras[editar | editar a fonte]

No automobilismo, e en especial na Fórmula 1, este efecto utilízase para canalizar o fluxo de aire onde se desexe en certas partes do chasis do monopraza sen ter que deflectalo en demasía, evitando gran resistencia aerodinámica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 [www.allstar.fiu.edu/aero/coanda.htm Aeronautics Learning Laboratory for Science Technology and Research (ALLSTAR)] (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]