Edwin Landseer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gando bravo en Chillingham

Sir Edwin Henry Landseer, nado o 7 de marzo de 1802 e finado o 1 de outubro de 1873, foi un pintor e escultor inglés da época victoriana, famoso sobre todo polas súas pinturas de escenas de animais, aínda que a súa obra máis coñecida son as estatuas de leóns en Trafalgar Square, Londres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Landseer comezou a súa carreira como pintor no 1815, á idade de trece anos, expondo na Royal Academy, da cal viría ser membro once anos despois.

Moi esquecido na actualidade pola empalagosería dos seus cadros, foi porén na súa época un pintor famoso, cuxos cadros eran moi cotizados.

Un dos catro leóns ao pé da columna Nelson

Outros datos[editar | editar a fonte]

Sobre a prolífica capacidade pictórica de Landseer, dicíase, burlonamente, que era quen de pintar con ambas mans á vez, p.ex., que era capaz de pintar a cabeza dun cabalo coa dereita e o rabo coa esquerda.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Edwin Landseer