Edward Dmytryk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdward Dmytryk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Grand Forks, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 1999 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Encino, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , guionista , montador , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata - 1979 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do Sur de California Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJean Porter (pt) Traducir (1948–1999) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0229424 Allocine: 1406 Rottentomatoes: celebrity/edward_dmytryk Allmovie: p87908
WikiTree: Dmytryk-1 Find a Grave: 10117 Editar o valor em Wikidata

Edward Dmytryk, nado en Grand Forks (Columbia Británica) o 4 de setembro de 1908 e finado en Encino, un barrio dos Ánxeles, o 1 de xullo de 1999 foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no Canadá, fillo de inmigrantes ucraínos, mudouse coa súa familia a San Francisco, California. Alí estudou en escolas locais e comezou a interesarse polo cinema, marchando a Hollywood para traballar. En 1939 nacionalizouse estadounidense.

Debutou como director en 1935. Destacando nos primeiros anos con filmes de cine negro como Murder, My Sweet (1944), baseada en Farewell, My Lovey, de Raymond Chandler e Encrucillada de odios (1947), pola que foi candidato ao Oscar ao mellor director.

Trala segunda guerra mundial foi un dos cineastas investigados pola súa relación co Partido Comunista ou con organizacións esquerdistas. Chamado a declarar perante o House Un-American Activities Committee (HUAC) en 1947, Dmytryk foi un dos “dez de Hollywood” que se negou a testificar, sendo acusado de desacato e pasando uns meses na cadea.[1] Tras ese tempo decidiu testificar e identificar persoas que sabía que eran membros do Partido Comunista dos Estados Unidos de América. En 1951 falou no HUAC sobre a súa breve pertenza ao partido en 1945 e deu o nome de vinte e seis persoas.

Durante un tempo marchou a Inglaterra, ata que o produtor Stanley Kramer o volveu contratar para dirixir filmes con baixo orzamento en 1952. O seu seguinte traballo foi o drama bélico O motín do Caine (1954), que foi un éxito de público e de crítica. Durante as décadas de 1950 e 1960 seguiu dirixindo para os grandes estudios.

Tras deixar a carreira como director na década de 1970, Dmytryk entrou na universidade como profesor de cinema e de dirección e escribiu varios libros, como On Film Editing.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • The Hawk (1935)
  • Million Dollar Legs (sen acreditar; 1939)
  • Television Spy (1939)
  • Emergency Squad (1940)
  • Golden Gloves (1940)
  • Mystery Sea Raider (1940)
  • Her First Romance (1940)
  • The Devil Commands (1941)
  • Under Age (1941)
  • Sweetheart of the Campus (1941)
  • The Blonde from Singapore (1941)
  • Secrets of the Lone Wolf (1941)
  • Confessions of Boston Blackie (1941)
  • Counter-Espionage (1942)
  • Seven Miles from Alcatraz (1942)
  • Hitler's Children (1943)
  • The Falcon Strikes Back (1943)
  • Captive Wild Woman (1943)
  • Behind the Rising Sun (1943)
  • Tender Comrade (1943)
  • Murder, My Sweet (1944)
  • Back to Bataan (1945)
  • Cornered (1945)
  • Till the End of Time (1946)
  • So Well Remembered (1947)
  • Encrucillada de odios (1947)
  • Obsession (1949)
  • Give Us This Day (1949)
  • O franco tirador (1952)
  • Mutiny (1952)
  • Eight Iron Men (1952)
  • The Juggler (1953)
  • O motín do Caine (1954)
  • Lanza rota (1954)
  • The End of the Affair (1954)
  • Soldier of Fortune (1955)
  • The Left Hand of God (1955)
  • The Mountain (1956)
  • O condado de Raintree (1957)
  • O baile dos malditos (1958)
  • The Blue Angel (1959)
  • Warlock (1959)
  • A gata negra (1962)
  • The Reluctant Saint (1962)
  • The Carpetbaggers (1964)
  • Where Love Has Gone (1964)
  • Mirage (1965)
  • Álvarez Kelly (1966)
  • A batalla de Anzio (1968)
  • Shalako (1968)
  • Bluebeard (1972)
  • The 'Human' Factor (1975)
  • He Is My Brother (1976)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encyclopedia Brittanica (ed.). "Hollywood Ten". Consultado o 9 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]