Eduardo O'Shea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo O'Shea
Nome completoEduardo O'Shea y Verdes Montenegro
Nacemento9 de marzo de 1876
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento1962
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Eduardo O'Shea Verdes Montenegro, nado en Madrid o 9 de marzo de 1876 e finado en 1962, foi un avogado e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Foi membro do Partido Liberal-Conservador (fracción de Juan de la Cierva Peñafiel) e foi elixido deputado polo distrito de Arzúa nas eleccións de 1919 e 1920. Nas eleccións de 1933 foi elixido como independente pola provincia da Coruña. Presentouse ás eleccións de 1936 na candidatura dereitista, pero non foi elixido.