Eduardo Frei Montalva
| Eduardo Frei Montalva | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Presidente de Chile | |||
| Período: | 3 de novembro de 1964 - 3 de novembro de 1970 | ||
| Antecesor: | Jorge Alessandri Rodríguez | ||
| Sucesor: | Salvador Allende Gossens | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 16 de xaneiro de 1911 | ||
| Lugar: | Santiago de Chile, Chile | ||
| Falecemento: | 22 de xaneiro de 1982 | ||
| Lugar: | Santiago de Chile, Chile | ||
| Organización: | Partido Demócrata Cristán | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | María Ruiz-Tagle Jiménez | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | avogado, xornalista e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Eduardo Nicanor Frei Montalva, nado en 1911 e finado en 1982), foi un avogado, xornalista e político, foi presidente do Chile de 1964 ata 1970. Foi sucedido por Salvador Allende, do cal foi opositor. De pai suízo e membro destacado da familia Frei, seu fillo máis vello, Eduardo Frei Ruiz-Tagle, tamén foi presidente do Chile, entre 1994 e 2000.
Traxectoria [editar]
Formado nas filas do dereitista Partido Conservador e graduado na Pontificia Universidade Católica de Chile, foi un dos fundadores de Falanxe Nacional, unha escisión do conservadorismo que propoñía os postulados da Doutrina Social da Igrexa e o humanismo cristián. Tras participar no gabinete ministerial do presidente radical Juan Antonio Ríos, foi electo senador da República entre 1949 e 1959 polas provincias de Atacama e Coquimbo, sendo reelecto para o período entre 1957 e 1965 pola provincia de Santiago.
En 1957, Frei participa na reforma de Falanxe Nacional que dá vida ao Partido Demócrata Cristiá de Chile, o cal o proclama como o seu candidato para as eleccións presidenciais de 1958. Aínda que é derrotado por Jorge Alessandri e Salvador Allende, obtén un auspicioso 20,75% que eleva as súas posibilidades para as eleccións presidenciais de 1964, onde novamente é presentado como candidato. En ditas eleccións é apoiado implicitamente por gran parte da dereita para impedir a vitoria de Allende, obtendo un histórico 56,08% dos votos.
Foi Presidente de Chile entre 1964 e 1970. No seu goberno intentou realizar a denominada Revolución en liberdade como contraparte á polarización existente en plena Guerra Fría. Dentro das súas principais accións estivo o inicio do proceso de chilenización do cobre, a reforma agraria, a ampliación da educación obrigatoria a 8 anos e a introdución da educación preescolar, a reforma do sistema de saúde e o establecemento de políticas sobre vivenda a través da creación do Ministerio de Vivenda e Urbanismo.
Tras a fin do seu mandato, converteuse nun dos principais opositores do goberno da Unidade Popular liderada por Allende, asumindo a Presidencia do Senado tras as eleccións parlamentarias de 1973, onde obtivo un escano novamente por Santiago, cargo que desempeñou até a disolución do Congreso tras o golpe de estado do 11 de setembro de 1973. Durante o Réxime Militar, e tras un inicial apoio ao golpe, volveuse nunha das principais figuras da oposición contra a ditadura de Augusto Pinochet, sendo o único permitido a realizar unha manifestación contraria á aprobación da Constitución de 1980.
En 1982, Eduardo Frei Montalva faleceu tras unha cirurxía dixestiva por unha hernia de hiato. Aínda que nun inicio oficialmente a súa morte explicouse como resultado dun shock séptico tras a operación, derivado de complicacións na mesma, durante o regreso á democracia iniciouse unha investigación xudicial, tras a cal en decembro de 2009 cualificouse como homicidio, procesándose a seis persoas como presuntos autores e partícipes de dito delito.
| Presidente de Chile | ||
|---|---|---|
Segue a: Jorge Alessandri Rodríguez |
Eduardo Frei Montalva | Precede a: Salvador Allende Gossens |
| Partido Demócrata Cristán de Chile | ||