Eduardo Fidalgo Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Fidalgo Álvarez
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata (122/123 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Eduardo Fidalgo Álvarez, nado en Ourense en 1901, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado de banca en Ourense, militou no socialismo e foi secretario xeral da Asociación de Traballadores de Banca de Ourense que presidía Juan Manuel González Gándara,[1] e dirixente da Federación Galega de Banca da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de agosto e encarcerado en Ourense. Grazas ás xestións do cónsul de Cuba en Vigo que lle concedeu a nacionalidade cubana, foi liberado o 12 de setembro e marchou a Cuba. Instalouse na Habana, onde se vinculou á Casa de la Cultura e participou en actos antifranquistas. Dedicouse aos negocios e montou unha fábrica de chourizos. En 1962 foi elixido vogal da Sociedad de Amistad Cubano-Española.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Eduardo Fidalgo Cerreda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 26-12-1933.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]