Eduard Kokoiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduard Kokoiti
Kokojty zhgjot narkotiki.jpg
Кокойты Джабейы фырт Эдуард
Eduard Džabeièvitx Kokoiti
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 31 de outubro de 1964
Lugar: Tskhinvali, Osetia Flag of South Ossetia.svg
Falecemento:
Lugar: ,
Organización: Ningún
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Presidente de Osetia do Sur (dende 2001)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Deportista, empresario e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Eduard Džabeièvitx Kokoiti (en osetio: Кокойты Джабейы фырт Эдуард, en ruso: Эдуард Джабеевич Кокойты), nado en Tskhinvali o 31 de outubro de 1964, é un político de Osetia, máximo dirixente de Osetia do Sur.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2001 foi elixido Presidente de Osetia del Sur, un estado independente de facto, non recoñecido internacionalmente, que se atopa dentro da República de Xeorxia. Kokoiti é ex-membro da selección rusa de loita libre, coa cal ten chegado a ser campión. Antes de 1989, era o Primeiro Secretario en Tsjinvali da Liga dos Xoves Comunistas, póla do Komsomol. En 1992 foi a Moscova e convertiuse en empresario, volvendo en 2001 a Osetia do Sur.

Aos 38 anos de idade foi escollido por una ampla maioría nas eleccións presidenciais de novembro-decembro de 2001. Na primeira volta das eleccións (18 de novembro) conseguiu un 45% dos votos, Stanislav Kochiev o 24%, e Ludwig Chibirov o 21%. Na segunda volta (6 de decembro) gañou co 53% dos votos, contra o 40% de Stanislav Kochiev. Tomou posesión do cargo o 18 de decembro.

A vitoria de Kokoiti foi inesperada, pero esta levouse a cabo co apoio do clan Tedeiev, unha das familias máis poderosas de Osetia del Sur. Gañara o apoio crave grazas a Albert "Dik" Tedeiev e ao seu irmao Jambulat, un campión de loita, que organizaban e financiaban a campaña de Kokoiti.

O clan dera previamente apoio a Ludwig Chibirov, pero dexaron de facelo tras discrepancias co mesmo. Unha vez que Kokoiti fose elixido presidente, os membros do clan Tedeiev se fixeron cargo do servizo de alfándegas da república e do transporte de mercancías ao longo da autopista transcaucásica. Ademais de seren a principal ruta económica entre Rusia e Osetia do Sur, a autopista é unha vía esencial para o contrabando e o tráfico de droga e armas. Os ingresos da autopista proporcionan grande parte dos ingresos presupuestarios do goberno de Osetia do Sur.

En xullo de 2003, Kokoiti enfrontouse cos Tedeiev, expulsando a Albert Tedeiev da súa posición como secretario do consello de seguridade, e ordenou ás súas milicias privadas que se desarmasen. Segundo Kokoiti, o secretario do consello de seguridade, así como o de defensa e os xefes de seguridade, tiñan lazos con criminais. O asunto facía prever un brote de violencia en Tsjinvali, pero non se produciron vítimas.

Kokoiti ven mantendo unha posición dura en contra da reunificación con Xeorxia, aínda que ten expresado a súa disposición a negociar un acordo de paz sobre a base dunha Osetia do Sur tratada como estado independente (unha condición previa rexeitada polo goberno xeorxián). Logo dun tempo de tregua coas autoridades de Xeorxia, en xullo de 2004, afirmou: "Se Xeorxia quere guerra, estamos preparados para a autodefensa".



Predecesor:
Ludwig Chibirov
Coat of arms of South Ossetia.svg
Presidente da República de Osetia do Sur

2001 - Actualidade
Sucesor:
No cargo