Edmond Audran
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Edmond Audran, nado en Lyon en 1842 e finado en París en 1901, foi un compositor francés.
Traxectoria [editar]
Fillo do tenor Mario Audran, en 1861 acepta o posto de organista na igrexa de San Xosé de Marsella. Fixo a súa primeira apararición como compositor dramático con L'Ours et le Pacha (1862), unha versión musical dun vodevil.
Tentou gañar fama como escritor de música sacra, escribiu unha misa e un oratorio, pero coñécese sobre todo como un compositor de óperas e operetas. O seu primeiro éxito en París foi Les Noces d'Olivette (1879). La Mascotte (1880) e Miss Helyet (1890) foron a súa obras con máis éxito.