Edicions Tres i Quatre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Edicions Tres i Quatre é unha editorial valenciana de longa traxectoria. O seu nome ten que ver con tres países e catro barras, en referencia aos Países Cataláns. Hoxe en día é unha das editoriais máis importantes do País Valenciano, con coleccións de literatura dirixidas a públicos de todas as idades. Convoca cada ano os Premios Octubre.

Historicamente cumprira a función de encher o baleiro editorial no País Valenciano, no cal, durante unha boa parte do último terzo do século XX, foi case a única editorial que publicaba en catalán. Pero ademais editou tamén autores que dificilmente, polas súas peculiaridades dialectais, serían editados ou lidos no Principado de Catalunya, como por exemplo Isa Tròlec, de tal maneira que cubriu un espazo editorial desatendido polas editoriais de Barcelona. Porén, Tres i Quatre editou tamén no seu momento as figuras literarias máis destacadas das letras valencianas, como Joan Fuster ou Vicent Andrés Estellés. Actualmente forman parte da súa nómina autores valencianos como Toni Cucarella ou Joan Francesc Mira.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas