Edgeøya
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Edgeøya | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Noruega |
| Localización | Océano Ártico |
| Arquipélago | Svalbard |
| Linguas | |
| Poboación (2010) | Deshabitada |
| Superficie | 5.074 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 77°40′N 22°30′W / 77.667°N 22.5°W |
| Maior Altura | 590 m. Caltexfjellet |
| Localización | |
![]() |
|
Edgeøxa (ás veces anglicizada como illa Edge) é unha illa deshabitada do arquipélago das illas Svalbard, localizada ao leste de Spitsbergen e ao sur da illa de Barents. Administrativamente, pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.
Xeografía [editar]
A illa ten unha superficie de 5.074 km², que a converten por tamaño na 3ª do arquipélago. Deles, 2.102 km² están cubertos por glaciares, sendo o principal o Edgeøyjøkulen.
Está separada de Spitsbergen ao oeste polo Storfjorden, e, ao norte, o Freemansundet sepáraa da illa de Barents; na parte sur occidental localízase o Tjuvfjorden.
A illa é unha reserva natural protexida de Svalbard. É un sitio de conservación do oso polar e do reno de Svalbard.
