Edgar Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Osborne Wilson

Edward Osborne Wilson é un biólogo e entomólogo nado en Birmingham, Alabama (EUA) en 1929 que introduciu o concepto de biodiversidade na lingua científica. Escribiu A natureza humana e O futuro da vida e foi premio Pulitzer dúas veces. Especialista en formigas, chegou a dicir que "se o ser humano desaparecese o mundo continuaría, pero sen os insectos dubido que a especie humana durase máis de tres meses". No ano 2006 publicou A creación, reclamando a atención sobre a extinción de especies, e avogando por unha aliaxe entre ciencia e relixión ("as dúas forzas máis poderosas do mundo") para mobilizar a sociedade e os políticos.