Edelmiro Trillo
Edelmiro Trillo | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1854 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 1930 |
Lugar de falecemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xuíz, xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Edelmiro Trillo García-Señoráns, nado en Santiago de Compostela o 17 de setembro de 1854 e finado en Vilagarcía de Arousa en xuño de 1930[1], foi un xuíz galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Eduardo Trillo Salelles, pasou a súa nenez e xuventude en Vilagarcía de Arousa. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1876. Exerceu como avogado na Coruña e en 1886 foi Xuíz de primeira instancia en Mondoñedo, pasando despois aos xulgados de Corcubión, Mondariz, Ferrol e Vigo. En 1912 foi maxistrado da Audiencia de Madrid e en 1920 foi nomeado maxistrado do Tribunal Supremo.
Dirixiu o periódico de Vilagarcía El Eco de la Ría de Arosa e colaborou en Galicia Nueva.