Eddie Cochran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eddie Cochran nado en Albert Lea, Minnesota, o 3 de outubro de 1938 e finado en en Bath, Somerset, Inglaterra, o 17 de abril de 1960, foi un cantante e compositor de rock and roll estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical en 1955 cun estilo predominantemente country, aínda que con algún tema de rockabilly. Seguindo a estela do éxito de cantantes brancos con acentos negros como Elvis Presley ou Jerry Lee Lewis acadou en 1958 o importante éxito Summertime Blues, número 8 do Billboard que inaugurou un estilo de rock and roll de guitarra metálica e voz aguda e rachada. Outras cancións como C´mon Everybody ou Something´Else con menos éxito conlevaron tamén unha gran influencia posterior na historia do rock.

O seu único álbum en vida foi Singin' to My Baby lanzado por Liberty Records. Apareceu en tres filmes.

Cando realizaba unha xira polo Reino Unido, faleceu nun accidente de automóbil aos 21 anos de idade.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eddie Cochran