Edderton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A igrexa de Edderton. Ao fondo, o estuario do río Dornoch. No camposanto da igrexa atópase a Campa da Cruz de Edderton.

Edderton, en gaélico escocés Eadardan (non oficial), é unha aldea escocesa.

Localización[editar | editar a fonte]

Edderton está situado ao norte de Inverness, a pouca distancia do istmo da península de Tarbat, e sobre o estuario do río Dornoch. De feito, na costa próxima á vila atópanse os areais de Edderton, unha ampla zona intermareal. Pertencía ao antigo condado de Ross, agora subsumido na área municipal da Terra Alta.

Ten uns 400 habitantes, e por ela cruza o ferroviariamente que une Inverness con Thurso, na costa setentrional de Escocia pero na súa antiga estación xa non ten servizo.

Atópase en Edderton a destilería de whisky Balbair. A súa principal igrexa data de 1743.

As cruces pictas[editar | editar a fonte]

En Edderton e nas súas proximidades atópanse dous restos históricos de particular importancia, a Campa da Cruz de Edderton e a Clach Biorach, dúas laxes procedentes da época picta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]