Economía dos Emiratos Árabes Unidos
| Economía de Emiratos Árabes Unidos | |
|---|---|
| Moeda | dirhams dos Emiratos Árabes Unidos |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OPEP |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 194,7 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 53ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 2,6% (2010) |
| PIB per cápita | $ 40.200 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 0,9%, industria 51,5%, comercio e servizos 47,6% (2010) |
| Inflación | 2,2% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 19,5% (2003) |
| Total da forza de traballo | 3.908.000 (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 7%, industria 15%, comercio e servizos 78% (2000) |
| Desemprego | 2,4% (2001) |
| Industrias | petróleo e derivados; pesca, aluminio, cemento, fertilizantes, reparo de embarcacións comerciais, materiais de construción, construción de barcos, artesanía, téxtiles |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 195,8 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | petróleo bruto 45%, gas natural, reexportacións, peixe seco, dátiles |
| Principais mercados | Xapón 17,27%, Corea do Sur 10,49%, India 9,96%, Irán 6,82%, Tailandia 5,11% (2009) |
| Importacións | 159 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos |
| Principais mercados | República Popular de China 15,03%, India 14,27%, Estados Unidos 8,44%, Alemaña 5,81%, Xapón 4,52% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 122,7 mil millóns (2010) |
| Receitas | 65,02 mil millóns (2010) |
| Despesas | 60,02 mil millóns (2010) |
Os Emiratos Árabes Unidos teñen unha economía aberta con elevado PIB per capita e expresivos superavits comerciais[1]. As actividades económicas tradicionais do país son a recolla de dátiles, de perlas, a criación de camelos e a pesca. Entretanto, dende os anos 1970 a exploración de petróleo e gas natural son as actividades máis importantes. Esforzos ben sucedidos no sentido de diversificar a economía reduciron a participación do petróleo e do gas natural no Produto interior bruto a só 25%[1]. Desde o descubrimento de petróleo nos Emiratos hai máis de 30 anos, o país ten pasado por unha profunda transformación, dunha rexión de principados empobrecidos no medio do deserto para un país moderno con alto padrón de vida. O gasto do goberno ampliou a creación de empregos, e a expansión da infraestrutura aumentou o envolvemento económico do sector privado[1].