Economía do Uruguai
| Economía de Uruguai | |
|---|---|
| Moeda | Peso uruguaio |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Mercosur, Unasur |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 44,52 mil millóns (2009) |
| Posición do PIB | 92ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 1,7% (2009) |
| PIB per cápita | $ 12.700 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 9,5%, industria 22,5%, comercio e servizos 68% (2009) |
| Inflación | 7,3% (2009) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 27,4% (2006) |
| Total da forza de traballo | 1.636.000 (2009) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 9%, industria 15%, comercio e servizos 76% (2007) |
| Desemprego | 7,9% (2009) |
| Industrias | alimentos, máquinas eléctricas, equipamento de transporte, derivados de petróleo, téxtiles, produtos químicos, bebidas |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 6,32 mil millóns (2009) |
| Produtos de exportación | carne, arroz, produtos de coiro, la, peixe, lácteos, |
| Principais mercados | Brasil 18,7%, República Popular da China 8,5%, Arxentina 7,3%, Alemaña 6,5%, México 4,9%, Países Baixos 4,5%, Rusia 4,4% (2008) |
| Importacións | 6.576 millóns (2009) |
| Principais produtos importados | petróleo cru e derivados, máquinas, produtos químicos, vehículos, papel, plástico, |
| Principais mercados | Arxentina 19,6%, Brasil 17,9%, República Popular de China 11%, Estados Unidos 9,7%, Paraguai 6,5%, Nixeria 4,5% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 12,61 mil millóns (2009) |
| Receitas | 8.841 millóns (2009) |
| Despesas | 9.666 millóns (2009) |
A economía do Uruguai baséase grandemente nas exportacións de produtos agropecuarios, nunha man de obra moi cualificada, e altos niveis de gastos sociais. Despois dun crecemento de 5% a.a. entre 1996 e 1998, a economía sufriu unha recesión entre 1999 e 2002, despois das crises económicas dos veciños e principais parceiros do Mercosur, Brasil e Arxentina. Como exemplo, a Arxentina retirou grandes somas de depósitos dos bancos uruguaios en 2001 e 2002, o que resultou nunha especulación coa moeda uruguaia e un crecemento do desemprego. O PIB neses dous anos caeu case 20%, sendo 2002 o peor ano da crise[1]. Unha renegociación da débeda co sector privado en 2003 restaurou a confianza pública. Grazas a isto, e a unha arribada dos prezos das commodities exportadas polo país, a economía volveu a crecer, chegando a 10% en 2004, e a 6,1% en 2005, cunha media de 8% ó ano entre o 2004 e o 2008. O 2009 o crecemento foi apenas 1,7% pero o país non sufriu unha recesión grazas a eficientes políticas monetaria e fiscal adoptadas[1].
[editar] Características
Os gandos ovino e bovino son os máis importantes; carne, la, coiro e outros subprodutos constituíron sempre as principais exportacións. De menor relevancia para a economía son os cultivos agrícolas, entre eles, o trigo, o arroz e a soia.
Os recursos minerais son escasos, pero a industria creceu grazas ás importacións de combustibles e materias primas. A principal industria é a alimenticia, seguida pola téxtil e a química. Unha industria que creceu a finais do século XX e principios do XXI é a do software, a que está efectuando exitosas exportacións non tradicionais.
A rede de estradas é boa e o turismo crece rapidamente. O turismo e os servizos financeiros constitúen importantes recursos económicos.