Economía do Salvador
| Economía de O Salvador | |
|---|---|
| Moeda | Dólar estadounidense |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, DR-CAFTA |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 43,98 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 95ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 1,2% (2010) |
| PIB per cápita | $ 7.300 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 11%, industria 29,1%, comercio e servizos 59,9% (2010) |
| Inflación | 0,8% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 30,7% (2009) |
| Total da forza de traballo | 2,94 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 19%, industria 23%, comercio e servizos 58% (2006) |
| Desemprego | 7% (2010) |
| Industrias | procesamento de alimentos, bebidas, petróleo, produtos químicos, fertilizantes, textis, mobles, metais leves |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 4 377 millóns (2010) |
| Produtos de exportación | manufacturas para exportación, café, azucre, textis e roupas, ouro, etanol, produtos químicos, electricidade, manufacturados de ferro e aceiro |
| Principais mercados | Estados Unidos 43,86%, Guatemala 13,92%, Honduras 13,22%, Nicaragua 5,65% (2009) |
| Importacións | 7 980 millóns (2010) |
| Principais produtos importados | materias primas, bens de consumo, bens de capital, combustibles, alimentos, petróleo, electricidade |
| Principais mercados | Estados Unidos 29,79%, México 10,26%, Guatemala 9,7%, República Popular de China 4,5%, Honduras 4,4% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 11,45 mil millóns (2010) |
| Receitas | 3 894 millóns |
| Despesas | 4 915 millóns |
Segundo o Fondo Monetario Internacional e os libros publicados pola CIA, a economía do Salvador está situada con respecto a América Central no terceiro lugar logo de Costa Rica e Guatemala[3]. O país foi atinxido pola recesión mundial e o PIB contraiuse 3,5% o 2009 pero iniciou unha recuperación o 2010 grazas ó crecemento das exportacións e das remesas do exterior[1].
O Salvador foi o primeiro país a ratificar o Tratado de Libre Comercio entre Estados Unidos, América Central e República Dominicana o 2006. O tratado, coñecido como DR-CAFTA impulsou as exportacións de alimentos, azucre e etanol, e apoiou o investimento no sector de manufactura de roupas[1].
O seu crecemento foi modesto ata o 2008, e sufriu unha redución de 2,6% o 2009, a causa da recesión mundial e da forte dependencia das exportacións para os Estados Unidos e das remesas de diñeiro feitas polos seus inmigrantes.
O país ten promovido un ambiente de libre comercio e inversións, e realizou privatizacións nos sectores de telecomunicación, distribución de electricidade, bancos e fundos de pensión[1].
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 The World Factbook. Consultado o 20 de marzo 2011
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
- ↑ Embajada de El Salvador en el Reino Unido Economía de El Salvador consultado o 26 de novembro de 2008