Economía do Paraguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Paraguai
Moeda Guaraní
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercosur, Unasur
Datos estatísticos[1]
PIB 28,28 mil millóns (2009)
Posición do PIB 108ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -3,5% (2009)
PIB per cápita $ 4.100 (2009)
PIB por sector agricultura 22,3%, industria 18,1%, comercio e servizos 59,6% (2009)
Inflación 1,9% (2009)
Poboación abaixo da liña da pobreza 19,4% (2005)
Total da forza de traballo 2.981.000 (2009)
Forza de traballo por sector agricultura 26,5%, industria 18,5%, comercio e servizos 55% (2008)
Desemprego 7,9% (2009)
Industrias azucre, cemento, téxtiles, bebidas, produtos de madeira, acero, metalurxía, enerxía electrica
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 3 167 millóns (2009)
Produtos de exportación soxa, alimentos, algodón, carne, aceites comestíbeis, electricidade, madeira, coiro
Principais mercados Brasil 21%, Uruguai 17%, Chile 12%, Arxentina 11%, Rusia 4% (2009)
Importacións 6 497 millóns (2009)
Principais produtos importados vehículos automotores, bens de consumo, tabaco, derivados de petroleo, máquinas electricas
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 3,22 mil millóns (2009)
Receitas 2 323 millóns
Despesas 2 444 millóns (2009)

Paraguai, país sen litoral cunha grande economía informal, destácase pola reexportación de bens de consumo aos seus veciños, así como pola actividade de pequenas e micro empresas e de vendedores urbanos. Unha parte considerable da súa poboación vive da agricultura, especialmente a de subsistencia[1].

Debido á extensión do sector informal, informacións económicas precisas son difíciles de obter. As actividades agrícolas e gandeiras, comerciais e de servizos predominan. O sector industrial aínda non se atopa moi desenvolvido, e baséase principalmente no procesamiento de bens agrícolas e gandeiras. O país é o 6º produtor mundial de soia[1].

A Usina Hidroeléctrica de Itaipú (na fronteira co Brasil) abastece 95% das necesidades paraguaias, e permite exportar o excedente ó país veciño. O Paraguai tamén é membro do Mercosur dende a fundación do bloco, en 1991.

A economía creceu rapidamente entre o 2003 e o 2008, debido ao crecemento da demanda combinada coa alza de prezos dos produtos primarios, axudado por condicións climáticas favorables. Con todo, unha seca o comezo de 2008 reduciu as exportacións de produtos agrícolas antes da recesión global. Debido á redución das exportacións, a economía sufriu unha caída de 3,5% o 2009. O goberno reaccionou a través de medidas de estímulo fiscal e monetario. A corrupción, os limitados progresos nas reformas económicas e a precaria infraestrutura son obstáculos ao crecemento a longo prazo[1].

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas