Economía do Ecuador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Ecuador
Moeda Dólar americano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercosur (asociado)
Datos estatísticos Fonte:CIA
PIB US$ 57 230 millóns (2005)
PIB (posición) 74ª no mundo
% de crecemento PIB 4,7% (2005)
PIB per cápita US$ 4300 (2005)
PIB por sector agricultura (7%), industria (31,2%), comercio e servizos (61,8%) (2005)
Inflación anual 2,1%
Poboación abaixo da liña da pobreza 41% (2003)
Total da forza de traballo 4,6 millóns (urbanos)
% traballadores por sector agricultura 8 %, industria 24 %, comercio e servizos 68 % (2001)
Desemprego 10,7% (oficial, pero sub-emprego de 47% 2005)
Parcerías comerciais [1]
Exportacións (US$) 9 224 millóns f.o.b. (2005)
Principais produtos exportados petróleo, bananas, flores, camarón
Principais mercados Estados Unidos 51,1%, Perú 8%, Alemaña 4,4%, Colombia 4,3% (2005)
Importacións (US$) 8 436 millóns (2005)
Principais produtos importados vehículos, farmacéuticos, equipamentos de telecomunicacións, electricidade
Principais parceiros Estados Unidos 22,3%, Colombia 14,9%, Venezuela 7,8%, Brasil 6%, China 5,3% (2005)
Finanzas públicas [2]
Débeda externa US$ 18 090 millóns (2005)
Ingresos (US$) 8 222 millóns
Gastos (US$) 8135 millóns
Axuda económica recibida (US$) 216 millóns (2002)

A economía do Ecuador depende moito da produción de petróleo, que xera o 40% das exportacións do país. Consecuentemente, as flutuacións do prezo deste produto nos mercados mundiais ten grande impacto nas finanzas do país. Tamén depende das transferencias de diñeiro recibidas de ecuatorianos no exterior, e da exportación de bananas, camaróns [Cómpre referencia] e doutros produtos primarios.

[editar] Historia

En 1999 o país sofreu a súa peor crise económica ao colapsarse a súa economía tras varios desastres naturais e grandes caídas no prezo do petróleo. O produto interno bruto real sofreu unha caída de máis do 6%, cun empeoramento significativo do índice de pobreza. O sistema bancario tamén sofreu un colapso, e o país deixou de pagar a súa débeda externa naquel ano. O presidente Jamil Mahauad anunciou a dolarización da economía, mais un golpe de estado en xaneiro de 2000 expulsouno do poder. A situación comezou a mellorar co goberno de Gustavo Noboa, o novo presidente, que conseguiu aprobar, en marzo dese ano, unha reforma estrutural da economía que substituíu a moeda nacional, o sucre, polo dólar americano. Isto estabilizou a economía, e o crecemento retornou ao nivel anterior ao da crise.

En febreiro de 2003, o novo presidente electo, Lucio Gutiérrez, encontrou un déficit no orzamento e unha gran débeda externa. Prometeu usar o diñeiro procedente do petróleo e buscar axuda do FMI.

O 15 de xaneiro de 2007 asumiu a presidencia Rafael Correa, que prometeu un referendo para mudar a constitución, o cal pode afectar a economía do país. Prometeu tamén revisar o pagamento da débeda externa.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas